miércoles, 19 de abril de 2017

Cáscara de nuez, de Ian McEwan

Trudy mantén unha relación adúltera con Claude, irmán do seu marido John. Este, poeta e editor de poesía, é un soñador depresivo con tendencia á obesidade cuxo matrimonio se está desintegrando. Claude é máis pragmático e traballa en negocios inmobiliarios. A parella de amantes concibe un plan: asasinar a John envenenándolo. O motivo: unha mansión xeorxiana valorada nuns oito millóns de libras que, se John morre, herdará Trudy.

Pero resulta que hai unha testemuña desta maquinación criminal: o feto que Trudy leva nas súas entrañas. E nunha pirueta de triplo salto mortal que parece imposible de soster pero sáelle redonda, McEwan converte ao feto ?ao que aínda non puxeron nomee porque non naceu? no narrador da novela, desde a primeira páxina ata a última.

O que segue é unha mestura xenial de comedia negra, trama detectivesca e astuta reescritura intrauterina dun gran clásico, por cuxas páxinas asoman tamén unha nova poetisa amante de John e unha bregada inspectora de policía. Pero ademais de observar desde primeira fila os preparativos do asasinato do seu pai a mans da súa nai, o feto filosofa sobre o mundo e a vida, lanza preguntas incómodas e cuéstionallo todo, mentres as copas de viño ?e algunha bebida de máis gradación? que bebe a súa nai teñen efectos mareantes sobre el.

Xogando cun narrador inaudito, Ian McEwan expón un audaz experimento literario que é un auténtico tour de force só ao alcance dun escritor superdotado. E o resultado é unha novela redonda que avanza co palpitante ritmo dun thriller, trufada do mellor humor británico.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MCE cas novidades intriga e misterio





No hay comentarios: