jueves, 2 de marzo de 2017

Reto de Lectura: Autora anterior a 1900

Cantas autoras do s.XIX sodes capaz de nomear? As irmás Brontë, Jane Austen e Mary Shelley son un exemplo perfecto de mulleres que, a pesar das dificultades ás que tiveron que facer fronte na súa época, lograron facerse un lugar na Historia grazas aos seus escritos.

Pero houbo moitas máis cuxos nomes non son tan coñecidos. Autoras españolas cuxo recordo foi apartado en favor da fama dos seus compañeiros masculinos. Dende a biblioteca quixemos adicar este mes de marzo a recoñecer o importante labor destas mulleres dando unha nova luz ás obras que escribiron e que habitan nos nosos andeis e de paso cumplir un dos puntos do noso reto de lectura.

Libros escritos por unha muller antes de 1900