viernes, 3 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... El hombre de las mil caras

Francisco Paesa (Eduard Fernández), ex axente secreto do goberno español, responsable da operación contra ETA máis importante da historia, vese envolto nun caso de extorsión en plena crise dos GAL e ten que fuxir do país. Cando regresa anos despois está arruinado. En tales circunstancias, recibe a visita de Luís Roldán (Carlos Santos), ex Director Xeral da Garda Civil, e da súa muller Neves Fernández Porto (Marta Etura), que lle ofrecen un millón de dólares se lles axuda a salvar 1.500 millóns de pesetas subtraídos ao erario público. Paesa ve entón a oportunidade de vingarse do goberno español, levando a cabo unha maxistral operación coa colaboración do seu inseparable amigo Jesús Camoes (José Coroado)



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL HOM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffiinity)


No hay comentarios: