martes, 14 de marzo de 2017

La biblioteca de los libros rechazados, de David Foenkinos

En Crozon (Bretaña), un bibliotecario decide albergar todos os manuscritos que foron rexeitados polos editores. Estando de vacacións na localidade bretoa, unha moza editora e o seu marido escritor visitan a biblioteca dos libros rexeitados e atopan nela unha obra mestra: As últimas horas dunha historia de amor, novela escrita por un tal Henri Pick, falecido dous anos antes.

Pick rexentaba, xunto á súa viúva Madeleine, unha pizzería, e segundo ela nunca leu un só libro e moito menos escribiu nada que non fose a lista da compra. Tiña o autor unha vida secreta?

Rodeado dun gran misterio, o libro triunfa nas librerías, provoca efectos sorprendentes no mundo editorial e cambia o destino de moitas persoas, especialmente o de Jean-Michel Rouche, un xornalista obstinado que dubida da versión oficial dos feitos. E se esta publicación non é máis que un coidado plan de márketing?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FIE bib novidades humor