miércoles, 1 de marzo de 2017

El motel del voyeur, de Gay Talese

Pouco antes da publicación de "La mujer de tu prójimo", Gay Talese recibiu unha carta dun misterioso home de Colorado que lle facía partícipe dun segredo sorprendente: comprara un motel para dar renda solta aos seus desexos de voyeur. Nos condutos de ventilación instalara unha «plataforma de observación» a través da cal espiaba aos seus clientes.

Talese viaxou entón a Colorado, onde coñeceu a Gerald Foos e puido comprobar cos seus propios ollos a veracidade da historia. Ademais, tivo acceso a algúns dos seus moitos diarios: un rexistro secreto sobre o cambio producido nos costumes sociais e sexuais do seu país. Pero Foos fora tamén testemuña dun asasinato, e non o contou. Tiña, pois, moitos motivos para permanecer no anonimato, e Talese pensou que esta historia nunca vería a luz.

Hoxe, trinta e seis anos máis tarde, Foos está listo para facela pública e Talese pode dala a coñecer. "El motel del voyeur" é unha extraordinaria obra de xornalismo narrativo que abre un intenso debate ético, e un dos libros dos que máis se falou nos últimos anos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
OX TAL mot novidades





No hay comentarios: