martes, 7 de marzo de 2017

Como fuego en el hielo, de Luz Gabás

O fatídico día no que Attua tivo que ocupar o lugar do seu pai soubo que o seu prometedor futuro truncouse. Agora debía rexentar as termas que foran o sustento da súa familia, nunha terra fronteiriza á que el nunca elixira regresar. Xunto ao seu, tamén frustrouse o desexo de Cristela, quen anhelaba unha vida ao seu lado e, ademais, afastarse da súa insoportable rutina nunha contorna hostil. Un novo revés do destino poñerá a proba o irrefreable amor entre eles; e así, entre malentendidos e obrigacións, decisións e obsesións, traizóns e lealdades, Luz Gabás tece unha bela historia de amor, honra e superación.

Os convulsos anos de mediados do século xix, entre guerras carlistas e revolucións; a construción dun soño nas indomables montañas que separan Francia e España; e unha historia de amor que traspasa todas as barreiras. Unha novela escrita co apaixonante pulso narrativo da autora de "Palmeras en la nieve".


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GAB com novidades romántica