viernes, 31 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Sing Street

Dublín, anos 80. En plena recesión económica, Conor (Ferdia Walsh-Peelo) é un adolescente que debe abandonar a comodidade da escola privada na que estudaba, véndose obrigado a sobrevivir na escola pública do centro da cidade, onde o clima é moito máis tenso.?

Ao coñecer á misteriosa e 'cool' Raphina (Lucy Boynton), atopará un raio de esperanza. Co obxectivo de conquistala, convida a moza a ser a estrela nos videoclips da banda que quere formar. Xuntos mergúllanse nas vibrantes tendencias da música rock dos anos 80 e Conor, que agora decide chamarse Cosmo, entrégase a compoñer cancións e a gravar videoclips para a súa recentemente formada banda como unha forma de loita?



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
MUSICAL SIN novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 30 de marzo de 2017

Media vida, de Care Santos

En pleno verán do ano 1950 cinco mozas adolescentes internas nun colexio de monxas xogan xuntas por última vez a «Acción ou Verdade» ou, como elas chámano, o xogo das pezas. Dous delas, as xemelgas Viñó, están a piques de empezar unha nova vida, chea de interrogantes, lonxe de alí. A ocasión é especial e sábeno, pero ningunha espera que esa noite convértase nun punto de inflexión para alguén máis e que sen sequera imaxinalo acabe marcando o seu camiño para sempre.

A través das vidas de cinco amigas ao longo de trinta anos, Care Santos retrata a unha xeración de mulleres que tiveron que construír os seus destinos nun momento en que a hipocrisía daqueles que querían manter as formas a calquera prezo enfrontouse a novas miradas sobre a amizade, o amor e a liberdade.



Premio Nadal de Novela 2017

Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SAN med novidades vida cotiá





miércoles, 29 de marzo de 2017

Obradoiro "Coñecendo a Maruja Mallo"



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta 

20 prazas

Sábado 1 - 12:00 - Sala multiusos




Con Escola Lucense de Tempo Libre.

Para conmemorar o "Día das Artes Galegas"

Partindo de dúas obras de Maruja Mallo (Máscaras e Máscaras con bolboretas) cada participante fará unha interpretación, contará un conto a través da ilustración. “Animaremos” estas dúas obras da pintora.

Técnica: recortables, debuxo, pintura.





martes, 28 de marzo de 2017

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2017"

Como en anos anteriores, convocamos o noso Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2017".

Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é "O mundo que queremos" (coidado do medio ambiente, a saúde, a integración, a igualdade, o respeto...).

As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C --- rapaces de 12 a 16 anos


Fase Local

O prazo de presentación dos traballos da Fase Local remata o vindeiro 8 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas, e recibirán cadanseu diploma e lote de libros.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 


Fase Provincial

Nesta fase participarán os traballos seleccionados nas respectivas fases locais das bibliotecas municipais da provincia de Lugo. Cada biblioteca poderá presentar un máximo de tres traballos por modalidade e categoría. O prazo de presentación dos mesmos remata o vindeiro 31 de maio.

O xurado seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos, que daránse a coñocer durante a primeira quincena de xuño, e recibirán tamén cadanseu diploma e lote de libros. Ademáis, os traballos premiados en ambas fases pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


lunes, 27 de marzo de 2017

"As historias do Kamishibai" con Juan Juste




Teatro de papel

Para todos os públicos

Venres 31 - 18:00 - Salón de Actos




"As historias do Kamishibai" é un espectáculo que mestura o mundo máxico do teatro de papel e luz tradicional xaponés con despregabres pop-up. Historias da natureza, da amizade, de baleas e fotógrafos aventureiros, de insectos de diferentes cores e de lendas cósmicas. Todo ten cabida no mundo dos soños do Kamishibai.





viernes, 24 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Captain fantastic


Ben (Viggo Mortensen) é un home que pasou dez anos vivindo nos remotos bosques situados no noroeste dos Estados Unidos criando aos seus seis fillos. Con todo, as circunstancias fan que tal peculiar familia deba abandonar o seu modo de vida na natureza e volver á civilización. Asimilar a súa nova situación e adaptarse de novo á sociedade moderna non lles vai a resultar nada sinxelo.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA CAP novidades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffiinity)


jueves, 23 de marzo de 2017

A cita da semana


miércoles, 22 de marzo de 2017

The time of my life, de Hadley Freeman

"Dirty Dancing" ensinounos que si, as mulleres abortan.

"La princesa prometida" ensinounos que o amor verdadeiro non é un conto de fadas.

"Cazafantasmas" ensinounos que a amizade masculina non ten por que ser inmatura.

"La chica de rosa" ensinounos que a personalidade non depende do vestido que leves.

"Todo en un día" ensinounos que sempre haberá clases sociais.

"Regreso al futuro" ensinounos que os nosos pais son tan complicados como nós.

Non sabiamos que as películas que nos cambiaron a vida tamén nos estaban preparando para as loitas de hoxe. Un ensaio revelador.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
791 FRE tim novidades


martes, 21 de marzo de 2017

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Cansos de ler historias ficticias? Pois non hai nada mellor ca un libro de non-ficción para solucionalo! Ensaio, filosofía, gastronomía, novas tecnoloxías, política, música... Toda unha mestura de temas para o voso goce. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



lunes, 20 de marzo de 2017

Obradoiro "O tolo libro de Cervantes" con Down Lugo



Nenos de 7 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

15 prazas

Venres 24 - 18:00 - Sala multiusos




Obradoiro de lectura fácil ao redor da conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.





"Servando canta a Rosalía" con Servando Barreiro



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 24 - 18:00 - Ludoteca




Poemas de Rosalía de Castro interpretados e musicados por Servando Barreiro





viernes, 17 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Tarde para la ira


Madrid, agosto de 2006. Curro entra en prisión tras participar no atraco dunha xoiería. Oito anos despois sae do cárcere con ganas de emprender unha nova vida xunto á súa familia, pero atoparase cunha situación inesperada e a un descoñecido, José, que lle levará a emprender unha estraña viaxe no que, xuntos, enfrontaranse a pantasmas do pasado e afundiranse no abismo da vinganza.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL TAR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 16 de marzo de 2017

Curso "Correo electrónico e App's de Google"




A próxima semana teremos un novo curso de alfabetización dixital, neste caso para aprender a manexar o correo electrónico e distintas app's de Google.

Terá lugar do 21 ao 23 de marzo, de 18:00 a 19:30h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Correo electrónico:
1.1 Crear unha conta de correo electrónico
1.2 Enviar e recibir correo electrónico
1.3 Xuntar arquivos
1.4 Xestionar e personalizar a aplicación de correo electrónico: crear carpetas, organizar os correos, cambiar temas e personalizar a interface…

2. App’s de google:

2.1 Organizar o traballo coas ferramentas on line: lista de tarefas e Google Calendar

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.



Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 17, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



miércoles, 15 de marzo de 2017

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Hoxe traemos algunhas das últimas novidades que andan pola Biblioteca, algunhas do máis solicitadas! Non deixedes de vir visitarnos e rebuscar nos andeis de novidades, co que ademáis podédes cumprir algunha das categorías do noso reto de lecturaPremendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



martes, 14 de marzo de 2017

La biblioteca de los libros rechazados, de David Foenkinos

En Crozon (Bretaña), un bibliotecario decide albergar todos os manuscritos que foron rexeitados polos editores. Estando de vacacións na localidade bretoa, unha moza editora e o seu marido escritor visitan a biblioteca dos libros rexeitados e atopan nela unha obra mestra: As últimas horas dunha historia de amor, novela escrita por un tal Henri Pick, falecido dous anos antes.

Pick rexentaba, xunto á súa viúva Madeleine, unha pizzería, e segundo ela nunca leu un só libro e moito menos escribiu nada que non fose a lista da compra. Tiña o autor unha vida secreta?

Rodeado dun gran misterio, o libro triunfa nas librerías, provoca efectos sorprendentes no mundo editorial e cambia o destino de moitas persoas, especialmente o de Jean-Michel Rouche, un xornalista obstinado que dubida da versión oficial dos feitos. E se esta publicación non é máis que un coidado plan de márketing?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FIE bib novidades humor




lunes, 13 de marzo de 2017

"Badabín Badabam" con David Méndez



Para todos os públicos


Ata completar aforo


Venres 17 - 18:00 - Salón de Actos




Un espectáculo de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia ao mesmo tempo. Participa e ilusionate, vendo como funcionan trucos e impresionantes efectos. Unha actuación máxica, na que o espectador o final aprende xogos fáciles e eficaces.





viernes, 10 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... Café Society


Nova York nos anos 30. A medida que os problemas crecen cos seus pendencieros pais, o seu irmán gánster e a xoiería da familia, Bobby Dorfman sente que é o momento de cambiar de escenario. Así que decide marcharse e probar fortuna en Hollywood, onde o seu tío Phil, un poderoso axente, contrátao como mozo dos recados. En Hollywood pronto se namora, pero a moza en cuestión ten noivo. Comeza así unha amizade, ata que un día a moza chama á súa porta e cóntalle que o seu noivo rompeu con ela. De súpeto, a vida de Bobby dá un xiro moi romántico.




Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
ROMÁNTICO CAF novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 9 de marzo de 2017

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 10, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



A que libros pertencen estes fragmentos?

Adiviña, adiviña... cales son os títulos dos libros aos que pertencen estas primeiras liñas?








miércoles, 8 de marzo de 2017

A cita da semana


martes, 7 de marzo de 2017

Como fuego en el hielo, de Luz Gabás

O fatídico día no que Attua tivo que ocupar o lugar do seu pai soubo que o seu prometedor futuro truncouse. Agora debía rexentar as termas que foran o sustento da súa familia, nunha terra fronteiriza á que el nunca elixira regresar. Xunto ao seu, tamén frustrouse o desexo de Cristela, quen anhelaba unha vida ao seu lado e, ademais, afastarse da súa insoportable rutina nunha contorna hostil. Un novo revés do destino poñerá a proba o irrefreable amor entre eles; e así, entre malentendidos e obrigacións, decisións e obsesións, traizóns e lealdades, Luz Gabás tece unha bela historia de amor, honra e superación.

Os convulsos anos de mediados do século xix, entre guerras carlistas e revolucións; a construción dun soño nas indomables montañas que separan Francia e España; e unha historia de amor que traspasa todas as barreiras. Unha novela escrita co apaixonante pulso narrativo da autora de "Palmeras en la nieve".


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GAB com novidades romántica




lunes, 6 de marzo de 2017

"O xogo de Nano" con Raquel Queizás



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 10 - 18:00 - Ludoteca



Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? xogarán? Ao rematar tense que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.




viernes, 3 de marzo de 2017

Na sala de audiovisuais... El hombre de las mil caras

Francisco Paesa (Eduard Fernández), ex axente secreto do goberno español, responsable da operación contra ETA máis importante da historia, vese envolto nun caso de extorsión en plena crise dos GAL e ten que fuxir do país. Cando regresa anos despois está arruinado. En tales circunstancias, recibe a visita de Luís Roldán (Carlos Santos), ex Director Xeral da Garda Civil, e da súa muller Neves Fernández Porto (Marta Etura), que lle ofrecen un millón de dólares se lles axuda a salvar 1.500 millóns de pesetas subtraídos ao erario público. Paesa ve entón a oportunidade de vingarse do goberno español, levando a cabo unha maxistral operación coa colaboración do seu inseparable amigo Jesús Camoes (José Coroado)



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL HOM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffiinity)


jueves, 2 de marzo de 2017

Reto de Lectura: Autora anterior a 1900

Cantas autoras do s.XIX sodes capaz de nomear? As irmás Brontë, Jane Austen e Mary Shelley son un exemplo perfecto de mulleres que, a pesar das dificultades ás que tiveron que facer fronte na súa época, lograron facerse un lugar na Historia grazas aos seus escritos.

Pero houbo moitas máis cuxos nomes non son tan coñecidos. Autoras españolas cuxo recordo foi apartado en favor da fama dos seus compañeiros masculinos. Dende a biblioteca quixemos adicar este mes de marzo a recoñecer o importante labor destas mulleres dando unha nova luz ás obras que escribiron e que habitan nos nosos andeis e de paso cumplir un dos puntos do noso reto de lectura.

Libros escritos por unha muller antes de 1900