lunes, 27 de febrero de 2017

"Shingebiss, o patiño marrón" con Escola Waldorf Meniñeiros



Nenos de 3 a 8 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 3 - 18:00 - Sala multiusos




As mestras de infantil da Escola Waldorf Meniñeiros (Cristina Seijas e Carmen Otero) representarán un conto de inverno facendo un teatrillo de mesa:

"No seu acubillo nas beiras do lago Hurón, vivía un patiño marrón, Shingebiss. Cando o feroz vento do norte baixaba veloz do país relucente de neve Shingebiss, o patiño marrón, tiña preparados catro bos madeiros para o lume da súa cheminea. Shingebiss era valente e animoso. Non lle importaba de que maneira bramaba o vento do norte, el sempre andaba como andan os patos a través do xeo, e atopaba o alimento necesario."





No hay comentarios: