miércoles, 22 de febrero de 2017

Seis días, de Ryan Gattis


Unha novela impactante e ambiciosa, tan electrizante como The Wire, sobre a delincuencia e a oportunidade, a raza, a vinganza e a lealdade, ambientada nas caóticas rúas de Los Ángeles durante un dos máis notorios e incendiarios xuízos da década de 1990. Ás 15.15 h do 29 de abril de 1992, un xurado absolveu a tres policías brancos de Los Ángeles acusados de agredir a un home negro chamado Rodney King. Menos de dúas horas despois, a violencia explotou na cidade.
Seis días de saqueos, incendios, asaltos e asasinatos. En 121 horas, cincuenta e tres persoas perderon a vida. Pero houbo moitas máis mortes non contabilizadas provocadas por aqueles que aproveitaron os disturbios para dar renda solta ao caos.




Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GAT sei novidades social e política