viernes, 3 de febrero de 2017

Na sala de audiovisuais... Rumbos


Unha gran cidade. Unha calorosa noite de verán. Varias historias persoais que se entrecruzan a través de seis vehículos: dous coches, unha ambulancia, un taxi, un autobús e un tráiler. Neles os personaxes transportan a súa pesada equipaxe vital: dous adolescentes nun convertible buscando aventuras fortes, un taxista ferido por unha traizón, un camioneiro namorado por primeira vez dunha muller cun triste pasado, un amante curtido en mil batallas, un enfermeiro que non sabe esquecer, unha muller abandonada sen explicacións e unha esposa cansa de esperar.




Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL RUM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffiinity)