martes, 21 de febrero de 2017

Espectáculo "O Manual da Felicidade"


A asociación de teatro da Universidade do Minho, en Braga - Teatro Universitário do Minho - presenta o espectáculo “O Manual da Felicidade” co seu director artístico João Negreiros.

"O Manual da Felicidade" é un espectáculo que invita ao público á intimidade; a viaxar na súa propia imaxinación. É un espectáculo que nos ensina que cambiar a mellor é o camiño máis sinxelo, o arte de cambiar a vida na que queremos que sexa.

O xoves 23, ás 20:00 h. no Salón de Actos

Entrada de balde ata completar aforo