martes, 10 de enero de 2017

Sumádevos ao noso reto de lectura!


Novo ano e novos propósitos! Dende a Biblioteca queremos propoñervos un reto de lectura e animarvos a ler connosco 14 títulos distintos ao longo de 2017. Pero non 14 títulos calquera, senón que cumpran os requisitos que indicamos a continuación:

1. Un libro que entrase como novidade á biblioteca.

2. Un libro de non ficción (ensaio, historia, ciencia, etc.)

3. Un libro dalgún dos puntos de interese da biblioteca.

4. Un libro en galego.

5. Un libro dunha autora africana.

6. Un libro dun autor que gañase un premio nos últimos 15 anos.

7. Un libro de poesía.

8. Un álbum ilustrado.

9. Un clásico esquecido.

10. Un libro que debías ler e non liches.

11. O libro favorito dalgún familiar ou amigo.

12. Un libro cuxo protagonista estea de vacacións.

13. Un libro cuxo autor sexa da túa cidade.

14. Un libro escrito por unha muller antes de 1900.

O obxectivo é gozar lendo e ao mesmo tempo, facelo o máis variado posible. E se necesitades un incentivo, podemos anunciar que a finais de 2017 sortearemos un agasallo entre todos os que compartades connosco cales foron os 14 libros que escollestes.

Para cumprir o noso reto de lectura podedes compartir connosco en que lecturas estades enfrascados a través de Twitter (@Biblioteca_Lugo), Facebook (@BibliotecaPublicaLugo) e Instagram (@bibliolugo) incluíndo o hashtag #retobibliolugoA principios de decembro colgaremos unha nova entrada no blog para que poidades subir a lista completa coas vosas eleccións e facer así o reconto para o sorteo final.

Sumádesvos ao reto?


5 comentarios:

Melina López dijo...

Por supuesto! Vamos a dinamizar las lecturas de la biblio. Compartiré en FB. Gracias por organizar retos literarios! De vez en cuando hace falta "vidilla"

Cristina dijo...

Ola!
Eu apúntome!
Unha gran idea :)
Bicos.

Biblioteca Pública de Lugo dijo...

Moitas grazas rapazas! Agardamos as vosas lecturas ;)

Tais dijo...

¡Qué boa idea!
Eu apúntome. Irei compartindo as miñas lecturas a través do Twitter (@taisillan)

Saúdos

Flor dijo...

No tengo Redes sociales para contar esto pero me gustaba contarlo aunque solo sea a las personas que gestionais el Blog ¡terminé en julio el reto!Estoy a la espera de la entrada para por fin compartir mis lecturas.
¡gracias!