lunes, 2 de enero de 2017

Instrumental, de James Rhodes

A música foi a súa salvación. James Rhodes foi vítima de abusos durante a súa infancia e a súa vida estivo marcada por esa traxedia. Escoitar a Rajmáninov en bucle durante a súa adolescencia e descubrir o Adagio de Bach nun á psiquiátrica axudoulle a combater os seus demos e a transformar a súa vida. James Rhodes é un dos máis eminentes concertistas de piano da actualidade e un gran renovador da música clásica. Protagonizou documentais para a BBC e Channel 4, escribe en The Guardian e ofrece recitais en todo o mundo.

«Instrumental» son as súas memorias, que viron a luz en Reino Unido despois de que o Tribunal Supremo levantase o veto que pesaba sobre a obra. Todo un tributo apaixonado ao poder terapéutico da música e que aborda cuestións fascinantes sobre como funciona a música clásica e sobre como e por que pode cambiar as nosas vidas.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
B RHO