miércoles, 4 de enero de 2017

Celebra con nós o Día do Usuario


O próximo mércores 11 celebramos o Día do Usuario, e nomearemos aos nosos "Superlectores", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2016.

Ao longo deste ano, os “Superlectores” adultos poderán retirar en préstamo un maior número de obras: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

E os "Superlectores" infantís poderán levar en préstamo ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

Durante este día ademáis todos os usuarios poderédes levar máis documentos en préstamo do normal, teremos visitas guiadas abertas a todo o público que se achegue, e recibiredes un agasallo se levades algo para a casa en préstamo.