viernes, 20 de octubre de 2017

Na sala de audiovisuais... La luz entre los océanos

Australia, 1926. Acabada a Gran Guerra, Tom Sherbourne (Michael Fassbender) preséntase voluntario para encargarse do funcionamento dun faro nunha illa remota. Alí, Tom coñece a Isabel Graysmark (Alicia Vikander), unha moza extrovertida e resolta que chamará rapidamente a súa atención. O amor non tardará en xurdir entre ambos, o que aliviará a angustia existencial do traumatizado Tom, veterano de guerra.

As súas vidas cambian radicalmente cando a parella, que sofre pola imposibilidade de ter fillos, descubra un bote na costa en cuxo interior xacen un home morto e un bebé. Tom e Isabel decidirán criar ao neno sen informar as autoridades. Pero, a fatalidade non tardará en chegar. E é que, todo complicarase cando descubran que a nai biolóxica do bebé está viva.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA LUZ novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Celebramos o Día da Biblioteca!


O próximo martes 24 de outubro celebraremos o Día da Biblioteca con varias actividades ao longo de toda a semana.

Hoxe á tarde, teremos o espectáculo "Redondo" con Caramuxo Teatro para os máis pequenos da casa, de 0 a 3 anos. Será en dous pases, ás 18:00 e 19:00 h. no Salón de Actos. Para participar é necesario inscribirse no mostrador da Sala Infantil (70 prazas por pase)

Durante estes días tamén podedes atopar no vestíbulo unha exposición bibliográfica moi especial para grandes e pequenos: un conxunto de libros e películas cuxa acción transcorre entre andeis e catálogos: libros secretos, intrigas policíacas, lecturas clandestinas, apaixonados encontros... Xunto a eles, obras protagonizadas por bibliotecarios, destacados ensaios que lembran a importancia das bibliotecas nas nosas vidas e algunhas curiosidades bibliotecarias. 

O día 24, martes, haberá unha liberación de libros bookcrossing, para que sigan o seu percorrido polo mundo, e converter o mundo enteiro nunha biblioteca.

Seguiremos o mércores 25, coa nosa participación semanal no programa de radio "Lugo en la Onda" de Onda Cero e recomendaremos unha lectura en formato electrónico en galego e unha lectura en formato papel en castelán.

E para rematar a semana, o venres 27, doblete de actividades para nenos e rapaces: O obradoiro "Desafío ex libris: Deseña o teu propio selo", para rapaces de 12 a 18 anos, ás 19:00 h. (É precisa inscripción previa aquí, 25 prazas); e a sesión de narración "O círculo máxico" con Marisa Irimia, para nenos de 4 a 12 anos, ás 18:00 h. na Ludoteca (É precisa inscripción previa na sala infantil, 20 prazas).

Agardamos que desfrutedes!!


jueves, 19 de octubre de 2017

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Despois de tanta festa nada mellor que volver á rutina con ganas e forza, e que mellor maneira que descubrir novas afeccións ou intereses nas nosas novidades de non-ficción. Descubrir o mundo da industria musical, aprender ruso, consultar novos métodos de educación ou mesmo aprender o arte de tirar cousas. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



miércoles, 18 de octubre de 2017

Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes

Tras a vitoria de Franco, o doutor Guillermo García Medina segue vivindo en Madrid baixo unha identidade falsa. A documentación que o librou do paredón foi un agasallo do seu mellor amigo, Manuel Arroio Benítez, un diplomático republicano ao que salvou a vida en 1937. Cre que nunca volverá velo, pero en setembro de 1946, Manuel volve do exilio cunha misión secreta e perigosa. Pretende infiltrarse nunha organización clandestina, a rede de evasión de criminais de guerra e prófugos do Terceiro Reich que dirixe desde o barrio de Argüelles unha muller alemá e española, nazi e falanxista, chamada Clara Stauffer.

Mentres o doutor García déixase recrutar por el, o nome doutro español crúzase no destino dos dous amigos. Adrián Gallardo Ortega, que tivo o seu momento de gloria como boxeador profesional antes de alistarse na División Azul, para seguir loitando como voluntario das SS e participar na última defensa de Berlín, malvive en Alemaña, ignorando que alguén pretende suplantar a súa identidade para fuxir á Arxentina de Perón.

Thriller e novela de espías, "Los pacientes del doctor García" é talvez a historia máis internacional e trepidante de Almudena Grandes, a súa narración máis ambiciosa, na que conecta acontecementos reais e descoñecidos da segunda guerra mundial e o franquismo, para construír as vidas duns personaxes que non só comparten a sorte de España, senón tamén a de Arxentina.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GRA pac novidades histórica





martes, 17 de octubre de 2017

Obradoiro "Desafío ex libris: Deseña o teu propio selo"


Este mes contamos cunha nova actividade para rapaces, o obradoiro "Desafío ex libris: Deseña o teu propio selo"

A actividade comenzará explicando a orixe dos ex libris, e as diferentes temáticas dos mesmos dependendo do momento histórico e do propietario, ademáis da importancia das bibliotecas persoais desde a época medieval.

Logo desta introdución explicaranse as técnicas empregadas desde as primeiras anotacións manuscritas pasando polas diversas técnicas de gravado ou estampación realcionadas coas artes do libro (xilografía, calcografía, litografía, serigrafía, etc.); incluso as máis recentes como o deseño e impresión por ordenador.

Durante esta explicación haberá unha mostra dos materiais orixinais necesarios para a fabricación destes selos que os participantes poderán manipular. O desafío chega na parte final e consiste en que cada participante deberá deseñar, atendendo ás súas afección e gustos persoais, o seu propio ex libris.

Terá lugar o día 27 de outubro, venres, ás 19:00 h., cunha duración de 1 hora.

O obradoiro é para rapaces de 12 a 18 anos e é necesaria inscripción previa (25 prazas).

O prazo de inscrición comenza hoxe, 17 de outubro ás 9:00 horas a través deste formulario. A admisión será por orde de presentación da solicitude e só serán avisadas as persoas admitidas.


lunes, 16 de octubre de 2017

"Redondo" con Caramuxo Teatro



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

Dous pases - 70 prazas por pase

Venres 20 - 18:00 e 19:00 - Salón de Actos




Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.




Día das Escritoras


A Biblioteca Nacional de España celebra, por segundo ano, o Día das Escritoras. Trátase dunha iniciativa que esta institución organiza, en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas, e co apoio da Secretaría de Estado de Cultura, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O obxectivo deste acto é reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

O tema elixido é "Mulleres, saber e poder", inspirándose nun termo de acuñación recente, "empoderamento", que define o proceso seguido para aumentar a fortaleza de individuos e comunidades en relación á súa situación de pobreza ou marxinación,

Nós quixemos colaborar coa iniciativa e elaboramos unha guía de 10 escritoras galegas, na súa maioria lucenses e próximamente faremos unha exposición coa súa obra.



viernes, 13 de octubre de 2017

Na sala de audiovisuais... Cantábrico

Especies como o oso, o salmón, a víbora de Seoane, o gato montés, a bolboreta formigueira, o lobo ibérico, os cabalos salvaxes ou o urogallo son os protagonistas principais ou secundarios desta cinta, onde cada un deles escenifica a súa propia historia. A través dun fío condutor, que son as catro estaciones, descubriremos aos habitantes das montañas, os bosques e os prados cantábricos.

A cordilleira Cantábrica é un mosaico de paisaxes encaixadas entre vales e picos, cada pradeira é unha illa, cada mata de bosque un mundo, cada zona rochosa un refuxio. Grazas á proximidade do mar, ás elevadas precipitacións e a un clima moi húmido e tépedo, orixinouse unha ampla vexetación nos bosques, e é o lugar perfecto para esconder un gran número de animais e outras formas de vida que conviven desde tempos remotos. Un lugar onde a fantasía e a realidade camiñan xuntas.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DOCUMENTAL CAN novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


miércoles, 11 de octubre de 2017

Una columna de fuego, de Ken Follet

"Una columna de fuego" arrinca cando o mozo Ned Willard regresa ao seu fogar en Kingsbridge polo Nadal. Corre o ano 1558, un ano que trastornará a vida de Ned e que cambiará Europa para sempre.

As antigas pedras da catedral de Kingsbridge contemplan unha cidade dividida polo odio relixioso. Os principios elevados chocan coa amizade, a lealdade e o amor, e provocan derramamentos de sangue. Ned atópase de súpeto no bando contrario ao da rapariga con quen anhela casar, Margery Fitzgerald.

Cando Isabel I chega ao trono, toda Europa vólvese en contra de Inglaterra. A nova monarca, astuta e decidida, organiza o primeiro servizo secreto do país para estar avisada ante calquera indicio de intrigas homicidas, levantamentos ou plans de invasión.

En París, á espera, atópase a sedutora e obstinada María Estuardo, raíña dos escoceses, no seo dunha familia francesa cunha ambición descomunal. Proclamada lexítima soberana de Inglaterra, María conta cos seus propios partidarios, que conspiran para desfacerse de Isabel.

Namentres, Ned Willard busca a Jean Langlais, un personaxe escurridizo e enigmático, sen saber que tras ese nome falso escóndese un compañeiro de clase da súa infancia, alguén que o coñece demasiado ben.

Ao longo de medio século turbulento, o amor entre Ned e Margery parece condenado ao fracaso mentres o extremismo fai estalar a violencia dende Edimburgo ata Xenebra. Isabel aférrase precariamente ao seu trono e aos seus principios, protexida por un pequeno e entregado grupo de espías hábiles e axentes secretos valorosos.

Os auténticos inimigos, tanto entón como agora, non son as relixións rivais. A verdadeira batalla é a que enfronta a quen cre na tolerancia e o acordo contra tiranos dispostos a impoñer as súas ideas a todo o mundo... e a calquera prezo.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FOL col novidades histórica






martes, 10 de octubre de 2017

A cita da semana




lunes, 9 de octubre de 2017

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Comezamos esta semana festiva cunha boa tanda de novidades, que entre concerto e concerto sempre queda un oco para un pouco de lectura. Novela de intriga, romántica, histórica... un pouquiño de todos os xéneros. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



viernes, 6 de octubre de 2017

Na sala de audiovisuais... El otro lado de la esperanza

Escondido a bordo dun cargueiro de carbón, fuxindo dos horrores da guerra, un mozo refuxiado sirio chega a Helsinqui. Durante o longo camiño cara a Europa, perdeu á súa irmá, que era a súa única familia. Sen papeis e rapidamente sinalado como unha ameaza, a súa aparencia sucia e descoidada non lle favorece á hora de atopar un lugar onde durmir. Perdido nese país descoñecido, a vida do mozo crúzase coa do propietario dun restaurante, que acaba de separarse da súa muller, e que podería axudarlle a mellorar a súa situación.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA OTR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


miércoles, 4 de octubre de 2017

Felices Festas a todos!!



martes, 3 de octubre de 2017

Aviso: Pechamos o sábado 7


sábado 7 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinsectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


Berta Isla, de Javier Marías

«Durante un tempo non estivo segura de se o seu marido era o seu marido. Ás veces cría que si, ás veces cría que non, e ás veces decidía non crer nada e seguir vivindo a súa vida con el, ou con aquel home semellante a el, maior que el. Pero tamén ela fíxose maior pola súa conta, na súa ausencia, era moi nova cando casou. »

Moi novos coñecéronse Berta Illa e Tomás Nevinson en Madrid, e moi pronta foi a súa determinación de pasar a vida xuntos, sen sospeitar que os agardaba unha convivencia intermitente e despois unha desaparición. Tomás, medio español e medio inglés, é un superdotado para as linguas e os acentos, e iso fai que, durante os seus estudos en Oxford, a Coroa poña os seus ollos nel. Un día calquera, «un día estúpido» que se podería aforrar, condicionará o resto da súa existencia, así como a da súa muller.

Berta Illa é a envolvente e apaixonante historia dunha espera e dunha evolución, a do seu protagonista. Tamén da fraxilidade e a tenacidade dunha relación amorosa condenada ao segredo e á ocultación, ao finximento e á conxectura, e en última instancia ao resentimento mesturado coa lealdade.

Ou, como di unha cita de Dickens cara ao final do libro, é a mostra de que «cada corazón palpitante é un segredo para o corazón máis próximo, o que dormita e latexa ao seu lado». E é tamén a historia de quen quere parar desgrazas e intervir no universo, para acabar atopándose desterrados del.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MAR ber novidades intriga e misterio







viernes, 29 de septiembre de 2017

Na sala de audiovisuais... El bar

Son as nove da mañá. Nun café do centro de Madrid un grupo de persoas en grao sumo dispar almorza tranquilamente. Parece un día calquera? ata que un dos clientes márchase do local e, no momento en que pon un pé na rúa, recibe un disparo na cabeza. Ninguén máis se atreve a saír. Están atrapados.

Despois do terrible suceso, os protagonistas que se atopan no local ven obrigados a permanecer no seu interior, co temor de que un francotirador dispare a todo aquel que tente saír de alí. As tensións entre os personaxes comezarán a crecer, con situacións extremas e á vez cómicas, e a barra converterase no lugar no que revelar os pecados e as culpas de cada un. Pero... e se o asasino está dentro do bar?



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL BAR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 28 de septiembre de 2017

Exposicións con motivo do San Froilán

A escritora Marica Campo será a pregoeira das próximas Festas de San Froilán, e nós quixemos celebralo cunha exposición bibliográfica con varias das súas obras coas que contamos na Biblioteca. Podedes desfrutar dela ata o día 11 de outubro na sala de exposicións da Biblioteca.



Ademáis, tamén contaremos cunha exposición de carteis antigos do San Froilán.


miércoles, 27 de septiembre de 2017

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 28, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 26 de septiembre de 2017

Hozuki, la librería de Mitsuko, de Aki Shimazaki

Mitsuko ten unha librería de rebaixa especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días serenamente coa súa nai e Tarô, o seu fillo sordomudo. Cada venres pola noite, con todo, convértese en camareira nun bar de alterne de alta gama. Este traballo permítelle asegurarse a súa independencia económica, e aprecia as súas charlas cos intelectuais que frecuentan o establecemento.

Un día, unha muller distinguida entra á tenda acompañada pola súa filla pequena. Os nenos senten inmediatamente atraídos entre eles. Ante a insistencia da señora e por compracer a Tarô, a pesar de que normalmente evita facer amizades, Mitsuko aceptará volver velos. Este encontro podería poñer en perigo o equilibrio da súa familia.


Aki Shimazaki sonda aquí a natureza do amor maternal. Con gran sutileza, cuestiona a fibra e a forza dos lazos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SHI hoz novidades vida cotiá





lunes, 25 de septiembre de 2017

Obradoiro "Actores de papel" con Noemí López




Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 29 - 18:00 - Sala multiusos




Obradoiro deseñado para conmemorar o día da tradución, no cal traballaremos coa linguaxe das formas que é o idioma universal.

Repartirase entre os participantes unha historia ilustrada acompañada de textos nun idioma inventado que eles deberán traducir e contar.

Poñeremos a funcionar a imaxinación e xogaremos a traducir formas recoñecibles e outras mais complexas que os rapaces deberán interpretar e traducir mediante a axuda de recortes para así transmitirlles aos outros compañeiros a súa idea e xogando así mesmo a que os outros a interpreten.





viernes, 22 de septiembre de 2017

Hoxe na XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar das curtas "Frontera invisible", "Nouvelle cuisine", "Dieciocho", "Abuela Esperanza" e "Menú", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Ás 19:30 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.



Sinopse: "Frontera Invisible" é a historia real das comunidades atrapadas no medio da guerra máis longa do mundo, na que a carreira das grandes empresas do aceite de palma para producir combustible 'verde' desprazou aos campesiños e pobos indíxenas e deixado a terra en mans de 'os ricos'.

Ano: 2016
Duración: 28 minutos
Director/a: Nicolas Richat





Sinopse: Un chef amante do seu traballo e orgulloso das delicias que prepara esmerase en terminar un menú diferente para uns clientes moi especiais.

Ano: 2016
Duración: 5 minutos
Director/a: Manuel Reyes Hlaby




Sinopse: No 18 aniversario de Jennifer. De menú unha sopa de ollos, dedos na súa salsa e cotobelos fritos. Todo moi normal ata que... Felicidades!

Ano: 2016
Duración: 8 minutos
Director/a: Tonet Ferrer




Sinopse: Esperanza Sánchez Brey cociñará hoxe para todos nós. O que non sospeitamos nin nos preguntamos é de onde saen os ingredientes.

Ano: 2016
Duración: 2 minutos
Director/a: David Corrot



Sinopse: Marta e Pablo quedaron para cear. Ao longo da velada descubriremos as reviravoltas da súa relación, e comprobaremos que todos, dunha maneira ou outra, merecemos unha segunda oportunidade.

Ano: 2017
Duración: 19 minutos
Director/a: Carlos Bigorra Badía



jueves, 21 de septiembre de 2017

Hoxe na XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar da película "Mi panadería en Brooklyn", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Ás 19:30 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.



Sinopse: Vivian e Chloe, dúas curmás que viven en Brooklyn, foron inseparables desde nenas. Tras a repentina morte da súa tía Isabelle, herdan a súa histórica panadería. Vivian, que pospuxo a súa soñada viaxe a Europa para axudar na tenda, quere manter a tradición. En cambio, Chloe, axudante de cociña nun popular programa gastronómico, considera que hai que modernizar o negocio. Pero cando o banco comunícalles que están a piques de ser desafiuzadas, as dúas non dubidan en poñerse ao choio para preservar o legado familiar.

Ano: 2016
Duración: 100 minutos
Director/a: Gustavo Ron
Reparto: Aimee Teegarden, Linda Lavin, Blanca Suárez e Aitor Luna





miércoles, 20 de septiembre de 2017

Tiene que ser aquí, de Maggie O'Farrell

Daniel Sullivan e Claudette Wells son unha parella atípica: el é de Nova York e ten dous fillos en California pero vive na campiña irlandesa; ela é unha estrela de cinema que, nun momento dado, decidiu cambiar as rodaxes pola vida no campo, a fama polo anonimato. Ambos son razoablemente felices.

Con todo, esta idílica vida, afanosamente construída entre os dous, cambalearase cando Daniel coñeza unha inesperada noticia sobre unha muller coa que perdera o contacto vinte anos atrás. Este achado desencadeará unha serie de acontecementos que poñerán a proba a fortaleza do seu matrimonio.


"Tiene que ser aquí" cruza continentes e atravesa fusos horarios seguindo a un heteroxéneo grupo de personaxes durante varias décadas para trazar o extraordinario retrato dunha parella, das forzas que a unen e das presións que ameazan con separala. Unha epopea íntima e cativadora sobre aquilo que abandonamos e aquilo no que nos convertemos mentres buscamos o noso lugar no mundo.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N OFA tie novidades vida cotiá





Hoxe na XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar da película "Delicatessen", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Ás 19:30 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.



Sinopse: Nun inmenso escampado, álzase un vello edificio habitado por persoas de costumes máis ben estraños que só ten unha preocupación: alimentarse. O propietario é un peculiar carniceiro que ten o seu establecemento nos baixos do bloque. Alí chega un novo inquilino que traballa no circo e que alterará a vida da excéntrica comunidade que o habita.

Ano: 1991
Duración: 95 minutos
Director/a: Jean Pierre Jeunet
Reparto: Dominique Pinon, Howard Vernon, Chick Ortega e Pascal Benezech



martes, 19 de septiembre de 2017

Hoxe na XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar da película "O equilibro dos opostos", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Ás 19:30 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.



Sinopse: O cociñeiro Javier Oleiros é obrigado a pechar o seu restaurante "Culler de Pau". Esta situación incontrolable pode arruinar a súa vida e a da súa familia ata que Javier decide darlle a volta e convertela na realización do seu soño profesional.

Ano: 2017
Duración: 90 minutos
Director/a: Alberto Baamonde Bello






lunes, 18 de septiembre de 2017

"Zeta, contiños para durmir" con Chus Álvarez



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 22 - 18:00 - Ludoteca




Se ZZZ é unha onomatopeia para representar o sono,
a Zeta é a mellor pastilla-letra para durmir.
Non hai berce coma un libro,
non hai soños sen arrolos,
non hai noites sen sorrir





viernes, 15 de septiembre de 2017

Na sala de audiovisuais... El imperio de las sombras

Ambientada a finais de 1920, segue a pista dun grupo rebelde que tenta transportar explosivos desde Shanghái ata Seúl para detonalos nun importante complexo xaponés. Un equipo de policías tenta parar a este grupo de delincuentes e deter aos posibles espías. A situación complícase cando un experto comisario, que anteriormente estivo no movemento independente, dúbida sobre a súa misión como axente da lei e exponse apoiar esa causa maior.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA IMP novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 14 de septiembre de 2017

XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo


Como en anos anteriores, a Biblioteca colabora coa XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, proxectando películas entre os días 19 e 22 de setembro.

A entrada será gratuita, e coma noutras ocasións o ciclo estará adicado á gastronomía no cine, co título "E para comer... Lugo"As proxeccións serán ás 19:30 h. no Salón de Actos.

Aquí vos deixamos a programación:

Martes 19 - 19:30 h.

 O equilibrio dos opostos



Mércores 20 - 19:30 h.

 Delicatessen



Xoves 21 - 19:30 h.

 Mi panadería en Brooklyn



Venres 22 - 19:30 h.

Frontera invisible
Dieciocho
Abuela Esperanza
Nouvelle Cuisine
Menú