viernes, 30 de diciembre de 2016

Feliz 2017!



miércoles, 28 de diciembre de 2016

A cita da semana



martes, 27 de diciembre de 2016

El laberinto de los espíritus, de Carlos Ruiz Zafón


Na Barcelona de finais dos anos 50, Daniel Sempere xa non é aquel neno que descubriu un libro que habería de cambiarlle a vida entre os pasadizos do Cemiterio dos Libros Esquecidos. O misterio da morte da súa nai Isabella abriu un abismo na súa alma do que a súa esposa Bea e o seu fiel amigo Fermín tentan salvalo.

Xusto cando Daniel cre que está a un paso de resolver o enigma, unha conxura moito máis profunda e escura do que nunca podería imaxinar desprega a súa rede dende as entrañas do Réxime. É entón cando aparece Alicia Gris, unha alma nacida das sombras da guerra, para conducilos ao corazón das tebras e desvelar a historia secreta da familia... aínda que a un terrible prezo.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N RUI lab novidades intriga e misterio




lunes, 26 de diciembre de 2016

Recordarvos que mañá temos Gala de maxia!



Para todos os públicos


Ata completar aforo 


Martes 27 - 18:00 - Salón de Actos




Un espectáculo a cargo dos participantes no obradoiro de maxia "Biblioteca encantada"



viernes, 23 de diciembre de 2016

Aviso: Pechado por festas


Os días 24 e 31 de Decembro e 6 de Xaneiro
a Biblioteca permanecerá pechada.

Bo Nadal!


Na sala de audiovisuais... La verdad duele

Will Smith protagoniza este thriller dramático baseado en feitos reais, onde interpreta ao doutor Bennet Omalu, o neuropatólogo forense que fixo o descubrimento sobre a orixe do CTE (traumatismo cranioencefálico crónico), unha enfermidade neurodexenerativa que aparece ao sufrir conmocións cerebrais provocadas por fortes golpes na cabeza.

En "La verdad duele", a historia vira ao redor do descubrimento desta enfermidade e o seu intento por facer que sexa recoñecida.




Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA VER novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)


jueves, 22 de diciembre de 2016

Gala-Show de Maxia



Para todos os públicos


Ata completar aforo 


Martes 27 - 18:00 - Salón de Actos




Un espectáculo a cargo dos participantes no obradoiro de maxia "Biblioteca encantada"



martes, 20 de diciembre de 2016

Falcó, de Arturo Pérez-Reverte


«O mundo de Falcó era outro, e alí os bandos estaban perfectamente definidos: dunha parte el, e da outra todos os demais.»

A Europa turbulenta dos anos trinta e corenta do século XX é o escenario das andanzas de Lorenzo Falcó, ex contrabandista de armas, espía sen escrúpulos, axente dos servizos de intelixencia. Durante o outono de 1936, mentres a fronteira entre amigos e inimigos redúcese a unha liña imprecisa e perigosa, Falcó recibe o encargo de infiltrarse nunha difícil misión que podería cambiar o curso da historia de España. Un home e dúas mulleres -os irmáns Montero e Eva Rengel- serán os seus compañeiros de aventura e talvez as súas vítimas, nun tempo no que a vida se escribe a golpe de traizóns e nada é o que parece.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER fal novidades intriga e misterio




lunes, 19 de diciembre de 2016

Felices Festas a todos!



"Descubrindo libros" con Mario Tomás



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 23 - 18:00 - Ludoteca





viernes, 16 de diciembre de 2016

Na sala de audiovisuais... Madame Marguerite

París, anos vinte. Marguerite Dumont é unha muller adiñeirada, amante da música e da ópera. Dende hai anos canta regularmente fronte ao seu círculo de amigos, pero faino absolutamente fóra de ton e ninguén se atreve a dicirlle a verdade. Tanto o seu marido como os seus amigos dedicáronse sempre a manter a súa fantasía. Todo se complica o día que ela decide presentarse fronte a un verdadeiro público na ópera.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA MAD novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)


jueves, 15 de diciembre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 16, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Queres aprender a tocar o baixo? És demasiado protector cos teus fillos? Buscando novas recetas para as cenas de nadal? Pois nas novidades de non-ficción atoparedes iso e moito maís. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 13 de diciembre de 2016

La hija de Cayetana, de Carmen Posadas

Un episodio asombroso e esquecido protagonizado por unha das mulleres máis soadas da nosa Historia: Cayetana de Alba, a inesquecible musa de Goya.

Excéntrica, caprichosa e libre, durante máis de douscentos anos o seu poder de sedución mantívose inalterable. Con todo, poucos saben que a duquesa adoptou a unha nena negra, María Luz, a quen quixo e educou como a unha filla e á que deixou parte da súa fortuna.

Carmen Pousadas conta con man mestra a peripecia das dúas nais: a adoptiva, cos seus amores e dramas na corte de Carlos IV, un auténtico niño de intrigas, e a da biolóxica, Trindade que, escrava en España, loita por atopar ao bebé que lle foi arrebatado ao nacer.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N POS hij novidades biográfica




lunes, 12 de diciembre de 2016

Obradoiro "Creando no Nadal" con Cucarandainas



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 16 - 18:00 - Sala multiusos




O Nadal está achegandose e con el o tempo de pensar que ofrecer as personas do noso entorno.
Que mellor idea que regalar algo feito por un mesmo!

Obradoiro deseñado para o desenvolvemento da creatividade mediante o emprego de diferentes materiais, dando forma a diferentes agasallos pensados para o Nadal.




viernes, 9 de diciembre de 2016

Na sala de audiovisuais... Cegados por el sol

Na illa de Pantelleria, en Sicilia, un matrimonio goza dunhas tranquilas vacacións. A paz da parella vese interrompida un bo día pola aparición do antigo representante dela, que vén acompañado da súa filla. Ademais de ser a súa ex parella, o home é un charlatán e un vividor. Xorde entón unha espiral de celos e sospeitas entre os catro, cando o marido comeza a seducir á filla do ex-amante da súa muller. As consecuencias serán irreversibles.

Remake de "La Piscina" (1969) de Jacques Deray, esta co-produción entre Italia, Francia e Reino Unido está dirixida por Luca Guadagnino (Melissa P., The Protagonists) e protagonizada por Tilda Swinton, Ralph Fiennes, Dakota Johnson e Matthias Schoenaerts.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA CEG novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


miércoles, 7 de diciembre de 2016

Obradoiro para adultos "Agasallos de Nadal: Fágao Vostede Mesmo"


A próxima semana teremos un obradoiro para os maiores (non todo vai ser para os nenos) que agardamos que vos guste. Será "Agasallos de Nadal: Fágao Vostede Mesmo", un obradoiro na liña do DIY (Do It Yourself) onde poderédes crear regalos orixinais e únicos coas vosas mans, dándolle o voso toque persoal.

Terá lugar o mércores 14 ás 18:00 h. e é totalmente gratuíto. Temos 15 prazas dispoñibles e para participar é necesario inscribirse na Biblioteca.

Animádevos e vide a darlle renda solta a vosa creatividade!


lunes, 5 de diciembre de 2016

"Vai de bechos" con Charo Pita



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 9 - 18:00 - Ludoteca



Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante… Centos de animais poboan as historias, as adiviñas e as cancións deste espectáculo.

Que animal será quen de vencer o vento?
Poderá construír un rato un palacio?
Quen, de entre todos os habitantes da selva, nos regalou un instrumento musical?
Seremos capaces de contar todos os animais que viven no mar?

Animais, animálculos, feras, bestas, bechas, bechocos, e algún monstro serán os protagonistas desta sesión de contos.



viernes, 2 de diciembre de 2016

Na sala de audiovisuais... Julieta

Julieta vive en Madrid coa súa filla Antía. As dúas sofren en silencio a perda de Xoan, pai de Antía e marido de Julieta. Pero a dor ás veces non une ás persoas senón que as separa. Cando Antía cumpre dezaoito anos abandona á súa nai, sen unha palabra de explicación. Julieta a busca por todos os medios, pero o único que descobre é o pouco que sabe da súa filla.

A película fala da loita da nai para sobrevivir á incerteza. Fala tamén do destino, do complexo de culpa e dese misterio insondable que nos fai abandonar ás persoas que amamos, borrándoas da nosa vida coma se nunca significasen nada, coma se non existisen.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL JUL novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 1 de diciembre de 2016

El asesinato de Sócrates, de Marcos Chicot

Grecia, século V a. C.

Un escuro oráculo vaticina a morte de Sócrates.
Un recentemente nado é condenado a morrer polo seu propio pai.
Unha guerra encarnizada entre Atenas e Esparta desangra Grecia.

"El
 asesinato de Sócrates" recrea maxistralmente a época máis extraordinaria da nosa historia. Nais que loitan polos seus fillos, amores imposibles e soldados tratando de sobrevivir entrelázanse dun modo fascinante cos gobernantes, artistas e pensadores que converteron Grecia no berce de nosa civi-lización. Ao longo das páxinas desta absorbente novela, brilla con luz propia a figura inigualable de Sócrates, o home cuxa vida e morte inspírannos desde hai séculos, o filósofo que marca un antes e un despois na historia da humanidade.


Finallista Premio Planeta 2016


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CHI ase novidades histórica




Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 2, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.