miércoles, 30 de noviembre de 2016

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Co Nadal asomando pola porta... que mellor ca unhas cantas novidades para ler ou agasallar aos nosos seres queridos? Estas son tan só unha escolma do que podédes atopar nos nosos andeis se vides facernos unha visitiña. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



martes, 29 de noviembre de 2016

Certame de Poesía Infantil "Nadal 2016"


Un ano máis convocamos o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2016".

Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C -- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O veredicto do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2017.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame. Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


lunes, 28 de noviembre de 2016

"Teatro na mochila" con Anxo Moure



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 2 - 18:00 - Ludoteca




O primeiro teatro do mundo que viaxa nunha mochila reutilizada! Unha proposta de animación a lectura con contos, monicreques, paiasos....

Onde estan os contos? Na mochila!
Onde están os soños? Na mochila!
E a tenrura? Na mochila!
Onde estan as historias? Na mochila!
E a esperanza? Na mochila!
Onde está o teatro? Na mochila!



viernes, 25 de noviembre de 2016

Obradoiro "Biblioteca encantada"


Este mes e en decembro contaremos có obradoiro "Biblioteca encantada" para os pequenos magos da casa.

En que consiste?
Achégadevos connosco ao mundo da maxia e o ilusionismo. Asistiredes a unha sesión especial de maxia sorprendente e o mago posteriormente desvelará os seus segredos.

Que vades aprender? Neste curso aprenderedes sinxelos segredos que sorprenderán a todos. Non só aprenderedes o truco senón tamén as técnicas necesarias e o máis importante: como presentar os xogos. 


Necesitades algo especial para aprender?
Non necesitas nada, só ganas de ver e aprender maxia e asistir os días do curso.

Vades ser meigos de verdade? Ao final do curso conseguiredes presentar os vosos efectos favoritos aprendidos no curso. Teredes a oportunidade de actuar nunha Gala-Show de Maxia o día 27 de decembro ante público.

Esta actividade está indicada para nenos de 6 a 13 anos e t
erá lugar os días 29 de novembro, 13 e 20 de decembro ás 18:00 h. na Sala multiusos., cunha duración de 1 hora por sesión. É totalmente gratuíto

Para participar é necesario inscribirse na Biblioteca. Hai 15 prazas dispoñibles.

Animádevos, pequenos magos!


jueves, 24 de noviembre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 25, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.


miércoles, 23 de noviembre de 2016

Todo esto te daré, de Dolores Redondo

No maxestoso escenario da Ribeira Sacra, Álvaro sofre un accidente que acabará coa súa vida. Cando Manuel, o seu marido, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso pechouse con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, impúlsalle a fuxir pero retenlle a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, esgrime contra a familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que enmascarouse como accidental. Lucas, un sacerdote amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen cría coñecer ben.

A inesperada amizade destes tres homes sen ningunha afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor por quen foi o seu marido e o tormento de vivir de costas á realidade, blindado tras a quimera do seu mundo de escritor. Empezará así a procura da verdade, nun lugar de fortes crenzas e arraigados costumes no que a lóxica nunca termina de atar todos os cabos.


Premio Planeta 2016

Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N RED tod novidades intriga e misterio




martes, 22 de noviembre de 2016

Conferencia "As bases xenéticas do cancro"


Este venres, dentro da programación do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, teremos a conferencia "As bases xenéticas do cancro" da man do catedrático de medicina legal, investigador e experto internacional en xenética, Ángel Carracedo.

O currículum de Ángel Carracedo é moi extenso: Catedrático de Medicina Legal desde 1989; Director do Instituto de Medicina Legal da USC desde 1994 ata 2012; Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) desde 1999; Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII desde 2002; Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela(IDIS).

As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica. En setembro de 2015 recibiu o Premio Nacional de Xenética.

A conferencia terá lugar o venres 25 ás 16:30 h. no Salón de Actos e a entrada é de balde.



lunes, 21 de noviembre de 2016

"Animaliños" con Ramiro Neira



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 25 - 18:00 - Ludoteca




"Animaliños” é unha peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o Mundo. Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia...

A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ao bosque, á selva...

Imos coñecer á Gata Kisha, á unha tartaruga moi intelixente, á unha urraca moi golosa e á un coello e un loro que teñen unha granxa...



viernes, 18 de noviembre de 2016

Na sala de audiovisuais... Nunca es tarde

"Nunca é tarde (Danny Collins)" cóntanos como un veterano rockeiro, ao que dá vida Al Pacino, segue vivindo unha desenfreada vida de músico, con drogas e unha noiva moito máis nova que el. O día do seu 64 aniversario, a súa vida dará un xiro cando atope unha carta escrita por un mozo John Lennon, que lle fará reformularse certos aspectos da súa vida.

Nese momento darase conta que sempre hai unha primeira vez para unha segunda oportunidade, iniciando unha dura viaxe chea de emocións e sentimentos. Inspirada en feitos reais, a película conta cunha banda sonora con música de John Lennon.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA NUN novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 17 de noviembre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 18, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.


miércoles, 16 de noviembre de 2016

A cita da semana



martes, 15 de noviembre de 2016

El problema de los tres cuerpos, de Cixin Liu

Este libro ofrece a posibilidade única de achegarse ao fenómeno editorial chinés que conquistou o mundo e gañou o premio Hugo 2015 á mellor novela, sendo a primeira vez que unha obra non escrita orixinariamente en inglés merece tal recoñecemento.

O seu autor, Cixin Liu, é o escritor de ciencia ficción máis relevante en China, capaz de vender máis dun millón de exemplares no seu país e convencer a prescriptores da talla de Barack Obama, quen seleccionou "El problema de los tres cuerpos" como unha das súas lecturas do Nadal de 2015, e Mark Zuckerberg, que o converteu na primeira novela do seu club de lectura. Agora o público e a crítica dos cinco continentes réndense a esta obra mestra, enormemente visionaria, sobre o papel da ciencia nas nosas sociedades, que nos axuda a comprender o pasado e o futuro de China, pero tamén, lida en clave xeopolítica, do mundo en que vivimos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CIX pro novidades ciencia ficción




lunes, 14 de noviembre de 2016

Espectáculo "Megaciencia" con David Méndez



Para todos os públicos


Ata completar aforo 


Venres 18 - 18:00 - Salón de Actos





Un espectáculo para todas as idades onde o principal obxectivo é sorprendernos coa ciencia de maneira didáctica e divertida.

Unha viaxe fantástica onde a bioloxía, química, física, mestúrase cos segredos mellor gardados dos magos.

Mesturando o misterio e espontaneidade da maxia co poder da ciencia, “Magiciencia” servirá para mostrarnos como é posible que un obxecto apareza,desapareza, transfórmese ou levite.



viernes, 11 de noviembre de 2016

Na sala de audiovisuais... La modista

Australia, anos cincuenta. Tilly Dunnage (Kate Winslet) é fermosa e modista que, tras moitos anos de traballo en exclusivas casas de moda de París, regresa á súa casa na pequena localidade de Dungatar para corrixir os erros do pasado.

Alí, non só se reconciliará con Molly (Judy Davis), a súa anciá e excéntrica nai, e namorarase inesperadamente de Teddy (Liam Hemsworth), senón que armada unicamente coa súa máquina de coser e o seu excepcional estilo, conseguirá transformar ás mulleres do pobo e logrará o seu doce e ansiada vinganza.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA MOD novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 10 de noviembre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 11, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



miércoles, 9 de noviembre de 2016

A cita da semana


martes, 8 de noviembre de 2016

Obradoiro de escrita creativa


Este mes contaremos cun obradoiro de escrita creativa a cargo de Ana Carreira, dramaturga e narradora.

Cun carácter práctico, o obradoiro ofrecerá aos participantes os recursos, as técnicas e os mecanismos necesarios para o desenvolvemento do oficio literario.

Temas, fontes, personaxes, construcción da drama e punto de vista serán os eixos que vertebren o evoluir do traballo.

Terá lugar os mércores 9, 16 y 23 de novembro en ás 18:00 h., cunha duración de 2 horas e media por sesión. Hai 10 prazas dispoñibles.

Animádevos a darlle ao bolígrafo e crear as vosas historias!


lunes, 7 de noviembre de 2016

Obradoiro "A fábrica de aromas" con Ciencia Divertida




Nenos de 4 a 11 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

40 prazas

Venres 11 - 18:00 - Sala multiusos



Os participantes divertiranse experimentando cos seus sentidos e realizando as súas propias obras: xabóns de formas divertidas e curiosas: cunchas, corazóns, estrelas, círculos, focas, golfiños,... para os que elixirán a cor e o cheiro que máis lles guste.

Fabricarán os seus envoltorios personalizados para gardar os seus xabóns.

Elaborarán pasta de dentes caseira para persoas e elefantes así como escumas de cores para baños relaxantes.



viernes, 4 de noviembre de 2016

Na sala de audiovisuais... El olivo

Alma ten 20 anos e traballa nunha granxa de pitos nun pobo do interior de Castellón. O seu avó, que para sorpresa da súa familia deixou de falar hai anos, é a persoa que máis lle importa neste mundo. Agora que decidiu deixar de comer tamén, Alma obsesiónase con que o único que pode facer voltar ao seu avó ao seu estado natural é recuperar a oliveira milenaria que a familia vendeu contra a súa vontade hai 12 anos.

Sen dicir a verdade, sen un plan, e sen apenas diñeiro, Alma embarca ao seu tío "Alcachofa", de 45 anos, arruinado pola crise, ao seu compañeiro de traballo Rafa, de 30, ás súa amigas Wiki e Adelle e a todo o seu pobo, nunha empresa imposible: recuperar a monumental oliveira, replantada nalgún lugar de Europa, e traela de volta á masía familiar.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL OLI novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 3 de noviembre de 2016

Curso "Iniciación á informática"


Este mes contaremos cun novo curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador dende cero.

Terá lugar do luns 14 ao venres 18, de 12:00 a 13:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Nocions básicas: Escritorio de Windows, rato e teclado: utilidades
- Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús
- Procesador de textos
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos


O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 4, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



miércoles, 2 de noviembre de 2016

A cita da semana