lunes, 31 de octubre de 2016

Espectáculo "Caixa de ilusións" con Olga Cuervo



Para todos os públicos


Ata completar aforo 


Venres 4 - 18:00 - Salón de Actos




O punto de partida da sesión de conta contos será unha caixa. Dela aparecerán diferentes obxectos que darán pé a todas e cada unha das historias que a actriz, Olga Cuervo, contará aos asistentes para, co seu bo facer, defender a tradición oral e inculcar aos nenos e nenas o amor polos contos.


viernes, 28 de octubre de 2016

Na sala de audiovisuais... La corona partida

Tras a morte de Isabel a Católica, sucédense tempos de incerteza e de loita polo poder. Felipe o Fermoso (Raúl Mérida) e Fernando de Aragón (Rodolfo Sancho) dispútanse a coroa de Castela, deixando de lado a Xoana (Irene Escolar), que é a herdeira do trono, pero que se converte en vítima dos seus manexos políticos.

Mentres tanto, o cardeal Cisneros (Eusebio Poncela) tenta conseguir o mellor para o reino. Pero Fernando, ao casar tan só un ano despois da morte de Isabel, pon en risco a unidade hereditaria dos reinos hispanos. A historia abarca un período de tres anos e serve de ligazón entre as populares series de televisión Isabel e Carlos, Rey Emperador.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL COR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 27 de octubre de 2016

A cita da semana


miércoles, 26 de octubre de 2016

La casa del reloj, de Álvaro Pombo

Juan Caller é un home cultísimo e un fino bon vivant que, inesperadamente, recibe en herdanza a gran fortuna de Andrés, o señor para quen estivo traballando durante os últimos anos. Entre todos os bens que recibe, atópase a impoñente Casa do Reloxo, unha casa de campo nunha apartada zona rural que pertencera á familia de Matilde, a defunta muller do señor. Pero Andrés non lle deixa unha herdanza libre de cargas, e a súa aceptación leva a condición de que se instale nela.

Aínda que a casa non se atopa en perfectas condicións, Juan, que xa entrou no outono da vida, decide aceptala e retirarse alí. Á casa chegarán Benito e Tomás, os albaneis do pobo, a quen contratará para acondicionala e facer as reformas necesarias. E tamén Alfonso, un 
misterioso home.

Juan irá coñecendo o triángulo amoroso que marcou a existencia do seu señor Andrés e o seu irmán, namorados ambos da mesma muller. Aínda que mantén, en inicio, un rol distante ante todo o que irá descubrindo, ao pouco verase involucrado nunha historia na que o pasado irá gañando terreo ao presente, e terá que decidir se ser o herdeiro é o que máis lle convén.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N POM cas novidades romántica





martes, 25 de octubre de 2016

Espectáculo "Onde está o Mago Antón?"



Para todos os públicos


Ata completar aforo 


Venres 28 - 18:00 - Salón de Actos




Galicia é máxica, rica en lendas e monumentos, con moita historia e encanto. E que mellor maneira que descubrila a través da maxia do Mago Antón.

Un espectáculo concebido para todo tipo de público (de todas as idades e moi acomodado para grupos familiares) no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia.




lunes, 24 de octubre de 2016

Feliz Día da Biblioteca!


Hoxe queremos celebrar con vós o Día da Biblioteca con varias actividades.

Teremos visitas guiadas ás 12:00 e 19:00 h. para todos os que queirades coñecer como funciona por dentro a Biblioteca, e ás 18:00 h. un obradoiro de farois de cristal para nenos de 3 a 6 anos (20 prazas, é necesario inscribirse na Biblioteca).

Tamén a conferencia "Deixar ser a diferenza: A potencia política da identidade feble" a cargo de Brais Arribas, enmarcada no programa “Filosofía nas bibliotecas", organizado pola Fundación Euseino?, ás 19:30 h. no Salón de Actos.

Brais Arribas é doutor en Filosofía e profesor de ensino secundario no Instituto Blanco Amor de Ourense. Pertence ao colectivo de pensamento Proxecto Derriba, onde desenvolveu una tarefa investigadora centrada na ontoloxia hermenéutica e no marxismo máis heterodoxo.


Ademáis teremos algún agasallo para os que veñades visitarnos en forma de marcapáxinas, libros... 

Agardamos a vosa visita!!


viernes, 21 de octubre de 2016

Na sala de audiovisuais... La habitación

Para Jack, un neno de cinco anos, a habitación é o mundo enteiro, o lugar onde naceu, onde come, xoga e aprende coa súa nai. Pola noite, mamá pono a durmir no armario, por se vén o vello Nick. A habitación é o fogar de Jack, mentres que para a súa nai é o cubículo onde leva sete anos encerrada, secuestrada desde os dezanove anos.

Con gran tesón e enxeño, a moza creou nese reducido espazo unha vida para o seu fillo, e o seu amor por el é o único que lle permite soportar o insoportable. Con todo, a curiosidade de Jack vai en aumento, á vez que a desesperación da súa nai, que sabe que a habitación non poderá conter ambas as cousas por moito máis tempo.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA HAB novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)


jueves, 20 de octubre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 21, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.




miércoles, 19 de octubre de 2016

A cita da semana


martes, 18 de octubre de 2016

Los herederos de la tierra, de Ildefonso Falcones

Barcelona, 1387. As campás da igrexa de Santa María da Mar seguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribeira, pero un deles escoita o seu repique con especial atención... Hugo Llor, fillo dun mariñeiro falecido, aos seus doce anos traballa nos estaleiros grazas á xenerosidade dun dos homes de prol máis apreciados da cidade: Arnau Estanyol.

Pero os seus soños xuvenís de converterse en construtor de barcos daranse de bruzos contra unha realidade dura e desapiadada cando a familia Puig, inimiga do seu mentor, aproveite a súa posición ante o novo rei para executar unha vinganza que levaba anos acariciando.

A partir dese momento, a vida de Hugo oscila entre a súa lealdade a Bernat, amigo e único fillo de Arnau, e a necesidade de sobrevivir nunha cidade inxusta cos pobres.

Obrigado a abandonar o barrio da Ribeira, busca traballo xunto a Mahir, un xudeu que lle ensina os segredos do mundo do viño. Con el, entre viñedos, cubas e alambiques, o raparigo descobre a paixón pola terra á vez que coñece a Dolça, a fermosa sobriña do xudeu, que se converterá no seu primeiro amor. Pero este sentimento, prohibido polos costumes e pola relixión, será o que lle proporcionará os momentos máis doces e amargos da súa mocidade.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FAL her novidades histórica





lunes, 17 de octubre de 2016

Obradoiro "Globoflexiando" con Escola Lucense de Tempo Libre



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 21 - 18:00 - Sala multiusos




A globoflexia é a arte de facer figuras ou formas con globos. É unha manualidade ideal para os nenos, que se pode elaborar en calquera lugar ou ocasión.

Neste obradoiro ensinaremos que coa torsión de globos conséguese transformalos en calquera forma u obxecto, por exemplo: unha flor, un caracol, un polbo, un rato, etc.

Apúntate ... e entra no fascinante mundo do globo!




viernes, 14 de octubre de 2016

Na sala de audiovisuais... Cien años de perdón

Unha mañá chuviosa. Seis homes disfrazados e armados asaltan a sede central dun banco en Valencia.

O que parecía un roubo limpo e fácil pronto se complica, e nada sairá como estaba planeado. Isto provoca desconfianza e enfrontamento entre os dous líderes da banda, "O uruguaio" e "O galego". Pero, que é exactamente o que buscan os atracadores?

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL CIE novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 13 de octubre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, venres 14, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.




martes, 11 de octubre de 2016

La carne, de Rosa Montero

«Ao final todo acaba por desembocar no amor. E no dano.»

Unha noite de ópera, Soidade contrata a un gigoló para que a acompañe á función e así poder dar celos a un ex amante. Pero un suceso violento e imprevisto complícao todo e marca o inicio dunha relación inquietante, volcánica e quizais perigosa. Ela ten sesenta anos; o gigoló, trinta e dous.

Dende o humor, pero tamén dende a rabia e a desesperación de quen se rebela contra os estragos do tempo, o relato da vida de Soidade entretecese coas historias dos escritores malditos da exposición que está a organizar para a Biblioteca Nacional.

"La carne" é unha novela audaz e sorprendente, a máis libre e persoal das que escribiu Rosa Montero.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MON car novidades vida cotiá





lunes, 10 de octubre de 2016

Curso "Iniciación á informática"


A próxima semana teremos un novo curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador dende cero.

Terá lugar do luns 17 ao venres 21, de 12:00 a 13:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Nocions básicas: Escritorio de Windows, rato e teclado: utilidades
- Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús
- Procesador de textos
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos


O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


"Arrolame cos teus contos" con Charo Jaular




Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 14 - 18:00 - Ludoteca




A música acompáñanos desde o ventre materno, "mami" e "papi" xa nos cantaban nanas que agora pel con pel repetimos xuntos.

Ritmos e melodías que fan únicos eses momentos de intimidade... lembrarémolos xuntos.




viernes, 7 de octubre de 2016

Na sala de audiovisuais... Anomalisa

Michael Stone, marido, pai, e respectado autor de "Permítame axudarlle a axudarlles" é un home mermado-atormentado-deprimido pola súa banal existencia.

De viaxe de negocios en Cincinnati, onde dará unha conferencia nunha convención para profesionais da atención ao cliente, chega ao Hotel Fregoli. Unha vez alí, asómbralle descubrir un posible escape á súa desesperación - unha tímida comercial dunha panadería en Akron chamada Lisa, quen ben podería ser o amor da súa vida ou non.




Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA ANO novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 6 de octubre de 2016

Mesa de conversa en inglés



Unha tempada máis voltamos coas nosas Mesas de conversa en inglés, e comezamos mañá, venres 7.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.




Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Ganas de coñecer o universo e as estrelas? Interesados na situación politica en EE.UU.?Amantes dos misterios? Pois nas novidades de non-ficción atoparedes as respostas as vosas inquedanzas! Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 4 de octubre de 2016

Aberto o prazo de inscripción - Obradoiro de escrita creativa


Dende o 1 de outubro ata esgotar prazas abrimos o prazo de inscripción para este obradoiro de escrita creativa a cargo de Ana Carreira, dramaturga e narradora.

Cun carácter práctico, o obradoiro ofrecerá aos participantes os recursos, as técnicas e os mecanismos necesarios para o desenvolvemento do oficio literario.

Temas, fontes, personaxes, construcción da drama e punto de vista serán os eixos que vertebren o evoluir do traballo.

Terá lugar os mércores 9, 16 y 23 de novembro en horario de tarde, cunha duración de 2 horas e media por sesión. Hai 10 prazas dispoñibles.

Animádevos a darlle ao bolígrafo e crear as vosas historias!


Aviso: Pechamos o sábado 8


sábado 8 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinsectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


Exposicións no mes de outubro


Este mes contaremos con tres exposicións do máis interesantes. En primeiro lugar, do 1 ao 15 de outubro poderédes desfrutar dos "Carteis das festas do San Froilán", unha recopilación dos carteis das nosas festas ao longo da súa historia procedentes do noso fondo bibliográfico. Hai auténticas xoias...




Do 19 ao 31 de outubro teremos a "Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)", unha  mostra que recolle dun xeito ameno e gráfico, a través de dez paneis informativos e distintos materiais que aportou a Fundación que leva o seu nome, a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais.





E para rematar e enmarcada dentro dos actos de celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro), a exposición "Os tesouros bibliográficos da Biblioteca Pública de Lugo", do día 24 ao 31. Unha selección de libros do fondo antigo da biblioteca na que destacan 3 incunables, 4 manuscritos e o “Claudii Ptolemaei Alexandrini Geographicae e Narratione", unha das cartografías do século XVI baseadas na concepción do mundo do sabio grecoegipcio Ptolomeo.


lunes, 3 de octubre de 2016

El enigma Turing, de David Lagercrantz

8 de xuño de 1954, plena Guerra Fría. Alan Turing, o matemático visionario, é atopado morto na súa casa de Wilmslow, Inglaterra. Xunto ao corpo, unha mazá a medio morder con evidentes restos de cianuro parece ser a causa. A investigación do que parece un claro caso de suicidio é encargada ao novo inspector de policía Leonard Corell, que moi pronto empeza a albergar dúbidas no curso das súas investigacións. Por que motivo a documentación relativa a Turing é altamente confidencial e foi clasificada?

Tivo algo que ver a súa implicación en Enigma, a máquina da súa invención que logrou descifrar os códigos nazis? A súa recente condena por homosexualidade fixo saltar as alarmas no seo dos servizos secretos: puido ser chantajeado por espías soviéticos, converténdoo nun axente dobre? Podería tratarse dun complot no que están implicadas as máis altas instancias do país?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N LAG eni novidades intriga e misterio