miércoles, 31 de agosto de 2016

Voltamos ao noso horario


Dende mañá, xoves 1 de setembro, voltamos ao noso horario habitual:

Luns a venres: de 9 a 21 horas

Sábados: de 10 a 14 horas


A cita da semana



martes, 30 de agosto de 2016

La maldición de la reina Leonor, de José María Pérez "Peridis"

Corre o ano do Señor de 1184 e nunha Castela próspera e en paz reinan don Alfonso, o VIII do seu nome, e dona Leonor de Inglaterra. Sería o momento de gozar de todo o alcanzado se non fose porque a raíña non consegue alumar ao herdeiro home que dea continuidade á dinastía.

Tras dous partos desgraciados, Leonor, unha estranxeira na súa propia corte, convéncese de que a súa desgraza é o castigo divino polo amor adúltero que mantén o rei con Raquel, a fermosa xudía de Toledo. A raíña, tola de celos e ira, urde unha trama para librarse do seu rival? O que non sabe é que a vinganza sempre deixa vítimas inesperadas.

Así comeza unha historia que abarca os trinta anos máis importantes da nosa Idade Media, nos que os lazos coas cortes europeas eran máis fortes do que nos contaron, as rivalidades entre os reinos cristiáns máis enconadas do imaxinable e nos que, tras séculos de loita contra os musulmáns, aínda estaba todo por decidir na Reconquista. Peridis, que con "Esperando al rey" seduciu a decenas de miles de lectores, demostra que é un narrador extraordinario, cunha capacidade pouco común de dotar de alma e vida aos personaxes, tan fascinantes como descoñecidos, da crónica histórica.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER mal novidades histórica





lunes, 29 de agosto de 2016

Olor a libros vellos...



viernes, 26 de agosto de 2016

Na sala de audiovisuais... Lo que hacemos en las sombras

Viago, Deacon e Vladislav son tres vampiros que comparten piso en Nova Zelandia. Fan o posible por adaptarse á sociedade moderna: pagan o aluguer, repártense as tarefas domésticas e tentan que lles conviden a entrar nos clubs. Unha vida en grao sumo normal, salvo por unha pequena diferenza: son inmortais e teñen que alimentarse de sangue humano.

Cando o seu compañeiro do soto, Petyr, converte en vampiro a Nick, os nosos protagonistas deberán ensinarlle como funciona todo na sua recentemente estreada vida eterna. A cambio, eles veranse obrigados a aprender dous ou tres cosas sobre o mundo actual.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA LOQ novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 25 de agosto de 2016

Un pouco de entretemento


miércoles, 24 de agosto de 2016

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Amantes do sendeirismo? Preocupados pola situación dos refuxiados en Europa? Interesados en novas tendencias nutricionais? Nas nosas novidades de non-ficción sempre podedes atopar gran variedade de temas para ampliar os vosos coñecementos ou simplemente pasar un bo rato. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 23 de agosto de 2016

Viaje a la costa, de Kazumi Yumoto

«Unha noite, Mizuki atopase na casa ao seu marido. O mesmo que morreu fai tres anos»

A moza Mizuki leva tres anos obsesionada pola misteriosa desaparición do seu marido, ao que a policía xa dá por morto. Unha noite, el aparece de improviso na súa cociña e, mentres devora os seus doces favoritos, relátalle como morreu afogado no mar. Á mañá seguinte, Mizuki comproba que non se trataba dun soño e acepta o que el lle pide: que o acompañe nunha última viaxe á costa onde se orixinou todo.

Nesta fascinante novela da autora de "Los amigos", os vivos e os mortos confúndense ao longo dun Xapón enigmático onde as pantasmas resultan máis reais que a xente entre a que deambulan.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N YUM via novidades intriga e misterio





lunes, 22 de agosto de 2016

A cita da semana



viernes, 19 de agosto de 2016

Na sala de audiovisuais... Palmeras en la nieve


O descubrimento accidental dunha carta esquecida durante anos empuxa a Clarence a viaxar dende as montañas de Huesca a Bioko para visitar a terra na que o seu pai Jacobo e o seu tío Kilian pasaron a maior parte da súa mocidade, a illa de Fernando Poo. 

Nas entrañas dun territorio tan exuberante e sedutor como perigoso, Clarence desenterra o segredo dunha historia de amor prohibido enmarcado en turbulentas circunstancias históricas cuxas consecuencias alcanzarán o presente.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL PAL novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 18 de agosto de 2016

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Outro mes máis estamos de volta para informarvos dalgunhas das novidades que chegaron á Biblioteca este verán. Como sabemos que é unha das épocas máis lectoras estamos encantados de que veñades facernos unha visita e levedes cantos máis libros mellor, aínda que sabemos que as novidades as veces son difíciles de pillar... Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



miércoles, 17 de agosto de 2016

A cita da semana


martes, 16 de agosto de 2016

Una chica en invierno, de Philip Larkin

Precisa, elegante, concisa, "Una chica en invierno" é a última das grandes obras de Larkin que quedaba por publicar en castelán. Unha historia de inverno e de verán, de guerra e de paz, de exilio e de fogar, e tamén una das súas pezas máis sinceras, na que se entrelazan pegadas da súa propia biografía. 

O autor mergúllanos maxistralmente na opresiva atmosfera do cru inverno inglés en plena Segunda Guerra Mundial. Katherine é unha nova refuxiada que traballa como bibliotecaria nunha gris cidade inglesa. Hastiada do seu traballo e da vida en xeral, o único que lle fai manter a esperanza é a perspectiva dun reencontro co que foi o seu primeiro amor.

Así, nas horas previas á súa cita, Katherine revivirá as idílicas vacacións que supuxeron para ela a perda da inocencia e o paso á idade adulta. Agora Robin, o protagonista daquel crucial verán, tan glorioso como mortificante, tan radiante como precozmente crepuscular, podería poñer fin ao seu monótona vida e arrincala para sempre das garras da frustración.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N LAR chi novidades vida cotiá





viernes, 12 de agosto de 2016

Na sala de audiovisuais... El renacido

Ano 1823. Nas profundidades da América salvaxe, o explorador Hugh Glass (Leonardo DiCaprio) participa xunto ao seu fillo mestizo Hawk nunha expedición de tramperos que colleita peles.

Glass resulta gravemente ferido polo ataque dun oso e é abandonado á súa sorte por un traizoeiro membro do seu equipo, John Fitzgerald (Tom Hardy).

Coa forza de vontade como a súa única arma, Glass deberá enfrontarse a un territorio hostil, a un inverno brutal e á guerra constante entre as tribos de nativos americanos, nunha procura implacable para conseguir vingarse.


Premio Oscar a Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Fotografía.
Globo de Oro a Mellor Película Dramática, Mellor Director e Mellor Actor. 

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
AVENTURAS REC novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)


jueves, 11 de agosto de 2016

A cita da semana



miércoles, 10 de agosto de 2016

Participa no día da #biblioteca


Como en anos anteriores queremos convidarvos a participar do día da #Biblioteca en twitter. Dende hai algúns anos escóllese unha data na que intentamos que a #biblioteca entre na lista de "trending topic" para dar a coñecer a nosa labor e valor para a sociedade, ademáis de compartir a nosa pasión polas bibliotecas. Durante todo o día intentaremos estar no máis alto da lista ;)

Dende aquí convidámosvos a participar da iniciativa e tuitear con este hagstag o que máis vos apeteza: fotos orixinais, frases relacionadas cós libros e as bibliotecas, recomendacións de lecturas, noticias curiosas... todo vale para facer visible por un día a labor das bibliotecas.


lunes, 8 de agosto de 2016

Donde los escorpiones, de Lorenzo Silva

Madrid, xullo de 2014. Pasados os cincuenta, e xa con máis pasado que futuro, o subtenente Bevilacqua, veterano investigador de homicidios da unidade central da Garda Civil, recibe unha chamada do responsable de operacións internacionais. Reclámase a súa presenza inmediata a 6.000 quilómetros de alí, na base española de Herat, en Afganistán.

Un militar español destinado na base apareceu degolado, e, xunto a el, a arma do delito: unha fouce plegable das usadas polos afgáns para cortar a mapoula da que se extrae a droga que representa a principal fonte de riqueza do país.


Trátase do atentado dun talibán infiltrado? Podería ser, pero tamén que a morte tivese outra orixe, porque o ataque non reviste a forma clásica desa clase de accións, senón que fai pensar nalgún motivo persoal.


A misión de Bevilacqua e os seus non é outra que tratar de desenmascarar a un asasino que forzosamente ha de ser un habitante dese espazo pechado. As súas pescudas, baixo o tórrido e polvoriento verán afgán, levaranlles a coñecer a peculiares personaxes e a introducirse na biografía do morto, un veterano de misións bélicas no exterior que garda máis dun cadáver no armario, para chegar a un desenlace inesperado e desconcertante.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SIL don novidades intriga e misterio





viernes, 5 de agosto de 2016

Na sala de audiovisuais... Carol

A historia céntrase na relación de dúas mulleres moi diferentes na década de 1950 en Nova York. Unha moza de 20 anos, Therese (Rooney Mara), traballa nunha tenda e soña cunha vida máis plena cando coñece a Carol (Cate Blanchett), unha sedutora muller atrapada nun matrimonio adiñeirado, pero sen amor.

A medida que a trama desenvolvese, as súas vidas empezan a desmoronarse mostrando a Carol cada vez máis medorenta de perder a custodia da súa filla en caso dunha separación, cando o seu esposo cuestiona a súa capacidade como nai ao descubrir a relación que sostiña co seu mellor amiga, Abby (Sarah Paulson).


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
ROMÁNTICO CAR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


miércoles, 3 de agosto de 2016

A cita da semana



martes, 2 de agosto de 2016

La viuda, de Fiona Barton

Se el fixese algo horrible, ela saberíao. Ou non?

Todos sabemos quen é el: o home que vimos na portada de todos os xornais acusado dun terrible crime. Pero, que sabemos realmente dela, de quen lle suxeita o brazo na escaleira do xulgado, da esposa que está ao seu lado?


O marido de Jean Taylor foi acusado e absolto dun crime terrible hai anos. Cando el falece de forma repentina, Jean, a esposa perfecta que sempre lle apoiou e crido na súa inocencia, convértese na única persoa que coñece a verdade. Pero que implicacións tería aceptar esa verdade? Ata onde está disposta a chegar para que a súa vida siga tendo sentido? Agora que Jean pode ser ela mesma, hai unha decisión que tomar: calar, mentir ou actuar?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N BAR viu novidades intriga e misterio





lunes, 1 de agosto de 2016

Benvido Agosto!