viernes, 29 de julio de 2016

Na sala de audiovisuais... Steve Jobs

Retrato de Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, co-fundador de Apple, visionario empresario e magnate do sector informático, os computadores persoais e ata da industria do entretemento. A película adéntranos neste personaxe de descomunal ferocidade e sentimentos reprimidos, fanático do control, narcisista, heroico á vez que despreciable, tamén encantador e seductoramente divertido, perigoso nas relacións próximas e unha besta do perfeccionismo.

A película captura a este xenio en tres momentos públicos distintos, tres lanzamentos de produtos emblemáticos de Apple. O Macintosh en 1984, que se lanzou en De Anza Community College, en Cupertino, California, e que supoñía un desafío ante a supremacia do PC; o lanzamento do NeXT computer en 1988, presentado na San Francisco Opera House, e a aparición da icónica primeira iMac en 1998, no Davies Symphony Hall de San Francisco

Globo de Oro a Mellor Guión e Mellor Actriz de Reparto



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
HISTORICO STE novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 28 de julio de 2016

A cita de semana



miércoles, 27 de julio de 2016

La noche de la Usina, de Eduardo Sacheri


Nun pobo perdido da provincia de Buenos Aires, moitas cousas están a piques de extinguirse. Durante a crise económica de 2001 que desembocou no corralito bancario, un grupo de veciños proponse reunir o diñeiro necesario para levar a cabo un proxecto que podería ser unha saída da decadencia e a pobreza. Pero no medio da incautación xeral dos aforros, sofren unha estafa particular que os decide a recuperar o perdido.

Nesta novela Eduardo Sacheri narra a historia dese merecido desquite dos perdedores, consumada nunha noite lendaria e secreta que quedará no recordo.

Nun país sen xustiza só queda o desquite.




Premio Alfaguara 2016


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SAC noc novidades social e política





martes, 26 de julio de 2016

"Maxia e Imaxinación" con Tomy Aznar



Para todos os públicos


Ata completar aforo


Xoves 28 - 12:00 - Salón de Actos




O espectador toma parte activa do espectáculo convertindose en protagonista.

Outras veces o artista convirte en mago ao espectador facendo que sexa a propia maxia a que dicte o camiño.

Aparicións, desaparicións, obxetos en suspensión, cambios de cor de sedas, un sinfín de efectos que convírteno no espectáculo ideal para toda la familia.

Déixate levar pola maxia de... Tomy Aznar





viernes, 22 de julio de 2016

Na sala de audiovisuais... La chica danesa

Dinamarca, anos 20. A parella de pintores formada por Einar (Eddie Redmayne) e Gerda Wegener (Alicia Vikander) goza do seu éxito. Un día, por casualidade, a modelo á que ela contratou para retratar nos seus cadros tivo que cancelar a cita e necesita terminar esas pinturas a tempo. Para que ela poida finalizar o seu traballo, a pintora pregúntalle ao seu marido se non lle importaría poñerse medias e zapatos de muller por uns instantes, ao que el accederá sen problema. Esta revelación desencadeará o espertar dun anhelo longamente escondido por Einar: o seu desexo de ser muller.

Ao principio este xogo resúltalles apaixonante e divertido, e ela anima ao seu marido para adoptar unha aparencia feminina. Despois non o será tanto para Einar, que se dá conta de que sente unha muller por dentro. A vida do matrimonio dará un enorme xiro...

Premio Oscar á Mellor Actriz de Reparto



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA CHI novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 21 de julio de 2016

A cita da semana



miércoles, 20 de julio de 2016

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

O verán é esa época do ano onde temos tempo para facer todas esas cousas para as que nunca o temos... Cociñar cos pequenos, coñecer os segredos para facer as mellores fotografías das vacacións, poñerse máns a obra con esa libraría que sempre quixemos facer... Nas nosas novidades de non-ficción atoparedes eso e moito máis. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 19 de julio de 2016

En manos de las furias, de Lauren Groff

Un home e unha muller camiñan moi xuntos pola praia. Fai frío, pero non importa. De súpeto escóndense detrás dunhas dunas para celebrar o seu primeiro acto de amor carnal. El é Lotto, ela é Mathilde, os dous teñen vinte e dous anos e acaban de casar, aínda que só levan uns quince días xuntos e saben moi pouco o un do outro. O fío de sangue que mancha as coxas de Mathilde sela esta entrega que parece absoluta e exclusiva, e así será durante máis de vinte anos.

Lotto e Mathilde convértense na parella case perfecta; basta unha mirada para que se entendan, un xesto cómplice para que os dous deixen unha sala abarrotado de xente e aproveiten calquera recuncho para amarse. Lotto dedícase a escribir obras de teatro ao fío da súa paixón por Shakespeare e Mathilde convértese na esposa ideal, que é musa, empresaria e ama de casa. Ben...

Ben, ata que de súpeto o destino imponse. É entón cando descubrimos que o matrimonio, ben mirado, é unha longa conversación, e que nesta charla caben ocos, omisións, palabras soltas que poden ser mentiras piadosas ou alfinetes.

E é que toda historia ten sempre polo menos dúas formas de ser contada.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GRO enm novidades vida cotiá





viernes, 15 de julio de 2016

Na sala de audiovisuais... Macbeth

Tras gañar unha batalla decisiva, e recentemente ascendido polo rei Duncan (David Thewlis), o fiel Macbeth (Michael Fassbender), duque de Escocia, recibe de tres bruxas denominadas as Irmás Fatídicas a predición de que será rei, aínda que sen deixar descendencia.

Decidido a apresurar o vaticinio, e instigado pola súa esposa Lady Macbeth (Marion Cotillard), a parella convida a Duncan a celebrar a vitoria na súa morada. Aproveitarán a noite para asasinalo, inculpando aos seus gardas e conseguindo así que a coroa recaia na cabeza de Macbeth. Será entón cando a culpa e a paranoia comecen a corroerlos, sobre todo a el, que pasará de glorioso guerreiro a escuro rei. A traizón, o poder, a ambición e a culpa entrarán en escena, nun contexto onde todos ao seu ao redor serán sospeitosos de conspiración.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA MAC novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 14 de julio de 2016

A cita da semana



miércoles, 13 de julio de 2016

El silencio de la ciudad blanca, de Eva García Sáenz

Tasio Ortiz de Zárate, o brillante arqueólogo condenado polos estraños asasinatos que aterrorizaron a tranquila cidade de Vitoria hai dúas décadas, está a piques de saír de prisión no seu primeiro permiso cando os crimes renóvanse de novo: na emblemática Catedral Vella de Vitoria, unha parella de vinte anos aparece espida e morta por picaduras de abella na garganta. Pouco despois, outra parella de vinte e cinco anos é asasinada na Casa do Cordón, un coñecido edificio medieval.

O mozo inspector Unai López de Ayala -alias Kraken-, experto en perfís criminais, está obsesionado con previr os crimes antes de que ocorran, unha traxedia persoal aínda fresca non lle permite encarar o caso como uno máis. Os seus métodos pouco ortodoxos enervan á súa xefa, Alba, a subcomisaria coa que mantén unha ambigua relación marcada polos crimes... O tempo corre na súa contra e a ameaza axexa en calquera recuncho da cidade. Quen será o seguinte?


Unha novela negra absorbente que se move entre a mitoloxía e as lendas de Álava, a arqueoloxía, os segredos de familia e a psicoloxía criminal. Un noir elegante e complexo que demostra como os erros do pasado poden influír no presente.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GAR sil novidades intriga e misterio





martes, 12 de julio de 2016

Maravilloso Neruda

Hoxe, 12 de xullo, nacía o gran poeta chileno Pablo Neruda, e queremos recordalo a través das súas poesías. Desfrutadeas!





lunes, 11 de julio de 2016

"Contos que deixan pegada" con Pavís Pavós



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Xoves 14 - 12:00 - Ludoteca




Unha sesión de contos orientada a transmitir valores sen caer no didactismo e afastándose de moralismos.

Contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades... 

Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.




viernes, 8 de julio de 2016

Na sala de audiovisuais... La novia

Leonardo (Álex García), O Noivo (Asier Etxeandía) e A Noiva (Inma Cuesta) son desde nenos un triángulo inseparable, pero Leonardo e A Noiva posúen un fío invisible, feroz, imposible de romper. Pasan os anos e ela, angustiada, prepárase para a súa voda co Noivo, no medio do deserto branco onde vive co seu pai. O día anterior á cerimonia, chama á súa porta unha Esmoleira que lle ofrece un consello: "Non te cases se non lle amas", e tamén un agasallo: dous puñais de cristal. Un calafrío percorre a alma e o corpo da Noiva.

A tensión é cada vez é maior... Unha tráxica historia de amor, unha loita do desexo contra o deber, do que se ten que facer para manter a decencia contra o que de verdade se desexa facer.

Premios Goya a Mellor Fotografía e Mellor Actriz Secundaria



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL NOV novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


jueves, 7 de julio de 2016

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Estades faltos de ideas? Non sabedes que ler este verán con tanto tempo libre? Pois aquí deixámosvos unhas cantas das nosas novidades, que de seguro faranvos pasar moi bos ratos. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



miércoles, 6 de julio de 2016

A cita da semana


martes, 5 de julio de 2016

Mi recuerdo es más fuerte que tu olvido, de Paloma Sánchez-Garnica

Unha brillante carreira como xuíz, o respecto de quen a rodea, unha vida independente... Carlota tíñao todo para ser feliz. Con todo, sempre lle faltou un Nadal.

Cando aos doce anos a súa nai reveloulle o gran segredo, Carlota soubo que xa nada volvería ser igual. A palabra «bastarda» converteuse nun estigma para ela. A palabra «familia» non volveu significar o mesmo. A chamada do seu pai moribundo moitas décadas despois obrigaraa a debaterse entre o desexo de saber e a necesidade de fuxir. 

Coa magnífica cadencia narrativa que caracteriza a Paloma Sánchez- Garnica, a autora de "La sonata del silencio" entretece unha novela emocional, capaz de xerar unha intriga permanente no lector e cuxos personaxes perfilan con mestría esta historia de segredos e mentiras. 

Premio de Novela Fernando Lara 2016


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SAN mir novidades vida cotiá






lunes, 4 de julio de 2016

"Hai un neno no meu chapeu" con Soledad Felloza




Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Xoves 7 - 12:00 - Ludoteca




Dous amigos conversan baixo a fresca sombra, cando algo se pousa sobre a cabeza do máis alto.

Que será, que non será, esta historia comeza xa!





viernes, 1 de julio de 2016

Na sala de audiovisuais... Sufragistas

Inglaterra, principios do século XX. Anos antes de que estale a Primeira Guerra Mundial, as mulleres esixen os seus dereitos políticos, máis concretamente o dereito para votar. As sufragistas inglesas están divididas entre as que defenden as protestas pacíficas, e as que loitan contra o goberno sen piedade.

Nesta historia sobre os primeiros movementos feministas, atopamos a Maud Watts (Carey Mulligan), unha moza loitadora da clase obreira, explotada nunha lavandería desde nena. Ao ver que a súa protesta de maneira pacífica non ten resultados, Maud decide radicalizarse ata o punto de utilizar a violencia para forzar o cambio e conseguir o dereito ao voto. Na súa loita pola dignidade e a das súas compañeiras, a moza non poñerá soamente en risco o seu traballo, a súa familia e o seu fogar, senón tamén a súa propia vida.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
POLITICO SUF novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)