martes, 31 de mayo de 2016

Curso "Correo electrónico e App's de Google"




A próxima semana teremos un novo curso de alfabetización dixital, neste caso para aprender a manexar o correo electrónico e distintas app's de Google.

Terá lugar do 6 ao 9 de xuño, de 18:00 a 20:30h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Correo electrónico:
1.1 Crear unha conta de correo electrónico
1.2 Enviar e recibir correo electrónico
1.3 Xuntar arquivos
1.4 Xestionar e personalizar a aplicación de correo electrónico: crear carpetas, organizar os correos, cambiar temas e personalizar a interface…

2. App’s de google:

2.1 Organizar o traballo coas ferramentas on line: lista de tarefas e Google Calendar
2.2 Google Drive: almacenar e compartir arquivos na nube. Crear archivos en la nube.
2.3 Crear e xestionar un formulario on line
2.4 Google site: crear unha páxina web

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.



lunes, 30 de mayo de 2016

Obradoiro "Xogando ca historia" con Escola Lucense de Tempo Libre





Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 3 - 18:00 - Sala multiusos



Este obradoiro propón descubrir como xogaban os nenos e nenas na idade clásica.

Xa na antigüidade, os pais e nais consideraban o xogo como un aspecto vital na formación dos seus fillos e na súa preparación para a vida.


Ven a xogar connosco!




viernes, 27 de mayo de 2016

Na sala de audiovisuais... Star Wars: El despertar de la fuerza

Trinta anos despois da vitoria da Alianza Rebelde sobre a segunda Estrela da Morte (feitos narrados no Episodio VI:  El retorno del Jedi), a galaxia está aínda en guerra. Unha nova República constituíuse, pero unha sinistra organización, a Primeira Orde, rexurdiu das cinzas do Imperio Galáctico.

Aos heroes de outrora, que loitan agora na Resistencia, súmanse novos: Poe Dameron, un piloto de caza, Finn, un desertor da Primeira Orde, Rey, unha moza chatarreira, e BB-8, un androide rodante. Todos eles loitan contra as forzas do Mal: o Capitán Phasma, da Primeira Orde, e Kylo Ren, un temible e misterioso personaxe que empuña un sabre de luz vermella.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C.FICCIÓN STA novedades


Desfruta do trailer


(fuente: FilmAffinity)


jueves, 26 de mayo de 2016

A voltas cós detectives...

Imos ver se adiviñades os creadores destes detectives tan famosos...

miércoles, 25 de mayo de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 26, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.




martes, 24 de mayo de 2016

Manual para mujeres de la limpieza, de Lucía Berlín


Co seu inigualable toque de humor e melancolía, Lucía Berlin faise eco da súa vida, asombrosa e convulsa, para crear verdadeiros milagres literarios con episodios do día a día.

As mulleres dos seus relatos están desorientadas, pero ao mesmo tempo son fortes, intelixentes e, sobre todo extraordinariamente reais. Rin, choran, aman, beben: sobreviven.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N BER man novidades vida cotiá






lunes, 23 de mayo de 2016

"Conto me río" con Raquel Queizás



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 27 - 18:00 - Ludoteca




Nano está medrando moi apresa, xa sabe facer moitas cousas el só, pero non quere deixar de usar o cueiro...

As veces xogando todo parece máis sinxelo e divertido, para usar o penico Nano montará un circo.




viernes, 20 de mayo de 2016

Na sala de audiovisuais... La playa de los ahogados

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira. Se non tivese as mans atadas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar.

Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección inesperada.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL PLA novedades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


Aviso: Pechamos o sábado 21


Mañá, sábado 21, a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinsectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


jueves, 19 de mayo de 2016

Mesa de conversa en inglés



Hoxe temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.




miércoles, 18 de mayo de 2016

Obradoiro "A lanterna máxica"



Estamos no mes do Día das Letras Galegas, e non podían faltar as actividades adicadas á figura de Manuel María, homenaxeado deste ano. É por iso que a próxima semana teremos un obradoiro para adultos do máis interesante: "A lanterna máxica"

Este obradoiro creativo xira ao redor dos textos de Manuel María, mesturando o mellor da literatura, o teatro e o cine.

Os participantes converterédesvos nos verdadeiros protagonistas dunha actividade breve pero intensa na que, como resultado final, poderédes ter a posibilidade de "vivir un texto".

Terá lugar o martes 24 de maio ás 18:00 h.

O obradoiro ten un cupo de 20 prazas, é totalmente gratuíto e para participar non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.



lunes, 16 de mayo de 2016

"Divermaxia" con A ill@ dos nen@s



Nenos de 3 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 20 - 18:00 - Sala multiusos




O Mago Paco é un personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas.

Desta volta mestura risa como elemento principal para sorprender os máis cativos coas suas historias cheas de maxia.

Actividade de dinamización da lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos.



viernes, 13 de mayo de 2016

Na sala de audiovisuais... Operación U.N.C.L.E.

Situada co pano de fondo do auxe da Guerra Fría, "Operación U.N.C.L.E." céntrase no axente da CIA, Napoleon Só, e o axente da KGB, Illya Kuryakin. Obrigados a apartar as súas diferenzas, longamente arraigadas, ambos unense para formar un equipo que levará a cabo unha misión conxunta para poñer fin a unha misteriosa organización criminal internacional, que pretende desestabilizar o fráxil equilibrio de poder resultante da proliferación de armas e tecnoloxía nuclear.

A única pista que teñen é a filla dun científico alemán desaparecido, que é a clave para infiltrarse na organización criminal, e deben loitar contra o tempo para atopar ao científico e evitar unha catástrofe mundial.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
AVENTURAS OPE novedades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 12 de mayo de 2016

Vide visitarnos á Feira do Libro



Como en anos anteriores, este ano tamén participaremos na Feira do Libro de Lugo

Dende o 17 ata o 22 de maio poderédes achegarvos ata o noso stand na Praza Maior.

Alí poderédes facer o carné da biblioteca e expoñeremos unha selección das novidades da Biblioteca.

Ademáis, o xoves 19 ás 18:00 h., teremos unha charla-coloquio cos compoñentes do club de lectura entorno á figura de Manuel María.

Agardamos as vosas visitas!





miércoles, 11 de mayo de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 12, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.


martes, 10 de mayo de 2016

Obradoiro de escritura creativa




Este mes, e para todos aqueles que tedes unha vea creativa e literaria teremos un obradoiro de escritura creativa a cargo de Ana Carreira, dramaturga e narradora.

Neste obradoiro coñecerédes os recursos, as técnicas e os mecanismos necesarios para o desenvolvemento do oficio literario.

Temas, fontes, personaxes, construcción do drama e punto de vista serán os eixos que vertebren o evoluir do traballo.

Terá lugar os días 18 e 25 de maio e 8 de xuño ás 18:00 h.

O obradoiro ten un cupo de 10 prazas, é totalmente gratuíto e para participar non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.



lunes, 9 de mayo de 2016

"Andando a terra... con Manuel María" con David Méndez



Para todos os públicos

Inscripción aberta desde hoxe 

Ata completar aforo

Venres 13 - 18:00 - Salón de Actos




Un percorrido máxico onde nos achegaremos a figura do escritor Manuel María.

Un espazo onde a súa obra transformarase en maxia.

Maxia participativa e interactiva onde os espectadores poderán ver efectos e situacións máxicas con libros, textos e diversos obxetos que cita o autor.




viernes, 6 de mayo de 2016

Na sala de audiovisuais... Nadie quiere la noche

Josephine Peary (Juliette Binoche) quere reunirse co seu marido, o explorador Robert Peary, e compartir con el o instante de gloria de descubrir o Polo norte.

A película narra o viaxe temerario e épico desta muller polo máis inhóspito dos lugares do mundo, as súas aventuras e o seu encontro cunha muller inuit, Allaka (Rinko Kikuchi), que vai cambiar as súas ríxidas ideas sobre o mundo e a súa vida para sempre. É unha historia de aventuras, de descubrimento, de dor, de supervivencia e, por encima de todo, unha historia de amor.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL NAD novedades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)


jueves, 5 de mayo de 2016

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Queredes saber cal é a mellor época para plantar tomates na terraza de casa? Coñecer o futuro do mercado laboral? Ou descubrir zonas arqueolóxicas do noso país que merecen unha visita? Para saber esto e moito máis aquí vos deixamos algunhas das últimas novidades de non-ficción que chegaron á biblioteca. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



miércoles, 4 de mayo de 2016

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 5, temos unha nova
Mesa de conversa en inglés.

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 3 de mayo de 2016

El desorden que dejas, de Carlos Montero

"El desorden que dejas" é un intenso thriller psicolóxico protagonizado e relatado en primeira persoa por Raquel, unha nova profesora de literatura en horas baixas que acepta unha suplencia nun instituto de Novariz, o pobo de onde, casualmente, procede o seu marido.

No seu primeiro día de traballo, a moza decátase de que Elvira, a súa predecesora, suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota que di: «E ti canto vas tardar en matarche?».


Decidida, Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e inevitablemente empezarase a obsesionar coa antiga profesora. Que lle ocorreu? Que a levou á depresión se os alumnos adorábana? Realmente suicidouse ou alguén acabou coa súa vida? Está a repetirse o mesmo patrón con ela? E sobre todo, por que de súpeto algúns indicios apuntan ao marido de Raquel?


Premio Primavera 2016

Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MON des novidades intriga e misterio





lunes, 2 de mayo de 2016

"Viaxe das bolboretas" con Chespir Teatro



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 6 - 18:00 - Ludoteca




Un vermiño vai da laranxeira ao limoeiro...
Non é moito camiño, máis será unha viaxe apaxionante!