lunes, 29 de febrero de 2016

Mesa de conversa en inglés


Unha nova semana e unha nova Mesa de conversa en inglés

Mañá, martes 1, vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 26 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... Alma salvaje

"Alma salvaje" conta a historia de Cheryl, unha muller que empeza a percorrer cunha mochila moi pesada unha distancia de mil setecentos quilómetros a pé: a fronteira mexicana que se estende polas montañas de Oregon e que chaman Pacific Crest Trail.

Con iso, Cheryl quere deixar atrás uns sucesos dolorosos que acaeceron na súa vida e así reconciliarse con eles. Unha perda irreparable, desintoxicarse das drogas que consumiu durante anos e a indiferenza entrega sexual, son os feitos que quere superar para atoparse a ela mesma.

A película está protagonizada por Reene Witherspoon, gañadora do Óscar a Mellor actriz por Walk the line (2005); Gaby Hoffman (Obvious Child), Laura Derns (Baixo a mesma estrela, The Master) e Michiel Huisman (The Age of Adeline, Guerra Mundial Z, Réinaa Vitoria).

Diríxea Jean-Marc Vallée (Dallas Buyers Club, Café de Flore, Réinaa Vitoria), é a adaptación do relato autobriográfico publicado por Cheryl Strayed.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA ALM novedades


(fuente: Sensacine)

jueves, 25 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Ilustrando a Rosalía" con Escola Lucense de Tempo Libre.

Partindo da lectura dun poema de Rosalía de Castro, o comentaremos e traducirémolo a imaxes a través dunha ilustración. Os participantes farán tamén un mural conxunto con recortables, debuxos e pintura.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 26 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 24 de febrero de 2016

Un gran mundo, de Álvaro Pombo

Elvira, unha muller da xeración cuxa mocidade se derramou pola Europa de entreguerras e a España franquista, é lembrada pola súa sobriña durante un verán de lembranzas en 2014.

Narcisista, un tanto lunática, cunha conciencia de si mesma que raia a banalidade, tía Elvira é un personaxe que naceu co novo século e a cuxa vida asisten en primeira fila tres nenos (a narradora, a súa irmá e o primo de ambas, neto de tía Elvira): os seus matrimonios, o primeiro roto, o segundo curto e por compromiso, e o terceiro con Helio, un guapísimo, alegre e simpático arxentino como saído do Quartier Latin de París; as súas viaxes, as súas escapadas, as desavinzas familiares e os problemas de financiamento dos seus negocios quiméricos.


Pero, para o lector, o relato desa vida desmedida únese á deliciosa novela de crecemento que compón o trío de protagonistas, un enérxico estudo psicolóxico dunha xeración que empeza a mirar atrás para poder seguir adiante.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N POM gra novidades vida cotiá



martes, 23 de febrero de 2016

A cita da semana


lunes, 22 de febrero de 2016

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 23, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 19 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... La mirada del silencio

A través da obra cinematográfica de Joshua Oppenheimer (The Act of Killing) sobre os responsables do xenocidio en Indonesia, unha familia de sobreviventes descobre como foi asasinado o seu fillo e a identidade dos homes que o mataron.

O irmán máis novo decídese a romper ese silencio e medo co que viven os sobreviventes, enfrontándose aos responsables do asasinato do seu irmán, algo inimaxinable nun país no que os asasinos seguen no poder.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DOCUMENTAL MIR novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 18 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Servando Barreiro "A regueifa está na mesa".

Que é unha regueifa? Pois un canto improvisado que se celebraba nas bodas, nas que os improvisadores competian por unha rosca tamén chamada regueifa, de ahí o seu nome.

"A regueifa está na mesa/
e no medio ten un ovo,/
para cantar a regueifa/
veñan as de Portonovo".

Servando Barreiro fará unha demostración de varios tipos de regueifa para os máis miúdos.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 19 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 17 de febrero de 2016

A que libros pertencen estes fragmentos?




O venres damos a resposta nos comentarios ;)


martes, 16 de febrero de 2016

Cuando estabamos vivos, de Mercedes de Vega

Nos albores da Segunda República, Lucía Oriol é unha nova esposa aristócrata nunha sociedade en plena transformación, cuxa vida dá un envorco cando coñece a Francisco Anglada, viúvo empresario de orixe xudía, que compra unha residencia á familia Oriol na rúa Pintor Rosales. O que comeza como unha tórrida aventura amorosa, enrédase cando aparece Jimena, a conflitiva filla de Francisco. A relación entre Jimena e Lucía, a dobre vida desta e o pasado oculto dos Anglada destaparán un bulebule de celos, vinganza e traizón dos que ninguén sairá indemne.

O amor de Lucía Oriol por un home atrapado no labirinto do pasado e a necesidade de contar a verdade e de facer xustiza, alimentan este retrato de dúas liñaxes, inspirado en feitos reais, nun Madrid convulsionado ao bordo da Guerra Civil.

Coa riqueza dunha sobresaliente prosista, Mercedes de Vega mergulla na nosa historia máis persoal para mostrar que en todas as familias escóndense segredos que poden resultar letais. "Cuando estabamos vivos" non é só a historia dunha muller que debe elixir entre a razón e o corazón, tamén é o fresco dunha época e dunha cidade que marcarán os destinos dos seus protagonistas.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N VEG cua novidades romántica



lunes, 15 de febrero de 2016

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 16, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 12 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... Maps to the Stars

"Maps to the stars" céntrase na familia Weiss, veciños de Hollywood e cada cal cun segredo moi escuro. O pai é un gurú de autoaxuda con máis traumas que os seus clientes; a doce nai, Cristina, é desapiadada á hora de manexar a carreira do seu fillo; o neno actor, Benjie, é un auténtico psicópata de 13 anos... e agora únese a eles a enigmática Agatha, recentemente saída do psiquiátrico tras incendiar o fogar familiar.

Á súa chegada a Los Ángeles, Agatha empeza a traballar para a actriz en decadencia Havana Segrand, ao redor da cal se move unha historia de traumas, celos e asasinato que podería facer saltar as vidas de todos os que a rodean.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA MAP novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 11 de febrero de 2016

Xa temos aos gañadores...


...das Fases Local e Provincial do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015". Estes son os nomes dos nen@s gañadores nas diferentes fases e categorías:


FASE LOCAL

Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Emilia Durán Rodríguez (9 anos)

2º premio - Nuria Devesa Núñez (11 anos)

3º premio - Marcos Pedreira Díaz (11 anos)


Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Laura López Esteban (16 anos)

2º premio - Daniel Riesco Amurrio (15 anos)

3º premio - Sara Luna Castillo Fernández (15 anos)



FASE PROVINCIAL

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Candela Rodríguez Gandoy (7 anos, Foz)

2º premio - Darío López Sanjurjo (6 anos, Ribadeo)

3º premio - Diego Expósito Díaz (7 anos, Monforte)

Accésits

Alán Rodríguez González (8 anos, Sarria)

Raúl Ferreirós López (8 anos, Outeiro de Rei)



Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Julia Rodríguez Menéndez (11 anos, Ribadeo)

2º premio - Antía López Bermúdez (9 anos, Xermade)

3º premio - Nuria Devesa Núñez (11 anos, Lugo)

Accésits

Candela Lorenzo Blanco (10 anos, Xermade)

Martín Vázquez Díaz (11 anos, Monterroso)



Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Lucía Amaro Losada (15 anos, Monforte)

2º premio - Alicia Asensio Bande (13 anos, Ribadeo)

3º premio - Laura López Estéban (16 anos, Lugo)

Accésits

Antía Lillo Irimia (12 anos, Lourenzá)

Daniel Pérez Vargas (15 anos, Ribadeo)

Daniel Riesco Amurrio (15 anos, Lugo)


A entrega de premios terá lugar o mércores 24 de febreiro ás 18:00 h. no Salón de Actos.

E coma sempre, aquí podédes desfrutar das súas poesías. Noraboa a todos!!!!


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Charo Jaular "Bicar mentres me contas".

"Bicar" é acariciar cos labios.


"Contar" é acariciar as emocións.


De cantas formas te bicaron na vida...? Algunha vez bicáronte a través das palabras? Nese instante, se ti queres, vas recibir moitos besos,…tanto como historias.


Haberá bicos para suspirar e bicos para inquietar, bicos de auga e bicos do deserto, bicos antigos e bicos para mañá... bicos e máis bicos...

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 12 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 10 de febrero de 2016

Adiviña o autor

Sabemos que sodes uns auténticos expertos en literatura, así que de seguro que acertades todos os autores destes libros...

lunes, 8 de febrero de 2016

Un regalo que no esperabas, de Daniel Glattauer

Gerold Plassek leva unha vida fácil baseada en tres principios: cansarse o menos posible, permanecer na sombra e atrincheirarse tras unha cómoda rutina. Traballa nun xornal de distribución gratuíta, onde se ocupa, sen grandes ambicións, das "Noticias breves do día". O resto do tempo pásao no Zoltan's Bar, que case se converteu nunha prolongación do seu propio salón.

Cando descobre a existencia do seu fillo Manuel, de catorce anos, do que ten que facerse cargo durante uns meses, Gerold ve perigar a súa plácida vida. Aínda por riba, vese involucrado nunha serie de doazóns anónimas que o sitúan como a un heroe aos ollos de todos, especialmente do seu fillo Manuel.


Quen pode ser o misterioso doante? E por que implicou a Gerold?

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N GLA reg novidades vida cotiá



Nova política de préstamos


Coa chegada do novo programa de xestión bibliotecaria tamén chegaron novidades na política de préstamos, e é que agora podédes levar máis cousas en préstamo e durante máis días nun só carné! En total 20 préstamos por carné en toda a Rede de Bibliotecas. Empezamos polos maiores...

Carné de Adultos

  Tipo de material  
  Máximo documentos  
  Días de préstamo  
  Renovación  
Libros
Adultos
  5  
  21  
  1 (+21 días)  
Libros
Infantís
  5  
  21  
  1 (+21 días)  
Audiovisuais
Adultos
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Audiovisuais
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Doc. Sonoros
Adultos
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Doc. Sonoros
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Arquivos
Ordenador Adultos
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Arquivos
Ordenador Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Revistas
Adultos
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Revistas
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Lector Libro
Electrónico
  1  
  21  
  1 (+21 días)  

Podédes facer distintas combinacións ata os 20 préstamos, como nestes exemplos:

          Exemplo 1        
          Exemplo 2          
  Exemplo 3  

5 libros de adultos
+
5 libros infantís
+
3 dvds de adultos
+
3 dvds infantís
+
3 revistas infantís
+
1 lector de libros
electrónicos  

5 libros de adultos
+
5 libros infantís
+
3 revistas de adultos
+
3 cds de adultos
+
3 revistas infantís
+
   1 cd infantil
3 libros de adultos
+
5 libros infantís
+
3 dvds de adultos
+
3 cds de adultos
+
3 cds infantís
+
   3 arquivos de
ordenador infantil

No caso dos carnés infantís, estes solo poderán levar préstamos da sala infantil.

Carné Infantil

  Tipo de material  
  Máximo documentos  
  Días de préstamo  
  Renovación  
Libros
Infantís
  5  
  21  
  1 (+21 días)  
Audiovisuais
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Doc. Sonoros
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Arquivos
Ordenador Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  
Revistas
Infantís
  3  
  7  
  1 (+7 días)  

Se tedes calquera dúbida preguntade ao persoal da Biblioteca, estamos para axudar no que faga falla. 


viernes, 5 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... Mad Max: Furia en la carretera

Perseguido polo seu turbulento pasado, Mad Max cre que a mellor forma de sobrevivir é ir só polo mundo. Con todo, vese arrastrado a formar parte dun grupo que foxe a través do deserto nun war rig conducido por unha emperatriz de elite: Furiosa.

Escapan dunha cidadela tiranizada por Immortan Joe, a quen arrebataron algo irreemplazable. Enfurecido, o Señor da Guerra mobiliza a todas as súas bandas e persegue de forma implacable aos rebeldes nunha Guerra da Estrada de altas revolucións.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: C.FICCIÓN MAD novedades


(fuente: FilmAffinity)

jueves, 4 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "E si nos disfrazamos?" con Cucarandainas.

Achégase unha das festas máis divertidas do ano, pero qué celebramos no Entroido?

Neste obradoiro coñeceremos a súa orixe e cada participante realizará a súa propia manualidade, utilizando diferentes tipos de materiais, texturas e cores de modo que poidan expresar a súa alegría neste periodo de entroido.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 5 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 3 de febrero de 2016

La niña perdida, de Elena Ferrante

Lina e Elena son agora adultas e tomaron camiños distintos: Elena deixou Nápoles para casar e converterse nunha escritora de éxito en Milán. Só un amor de mocidade que volve florecer devolveraa a Nápoles, onde a espera Lina, que agora é nai e ademais triunfou moi á súa maneira no negocio local. Elena é a señora culta, Lina é en aparencia a muller de barrio, ignorante e pouco disposta ao refinamiento, pero a intelixencia pura e a intuición están ao lado de Lina.

Os feitos precipítanse cando un bo día de súpeto, a filla de Lina desaparece: asasinato, rapto, morte? Ninguén sabe, e o barrio murmura. Desde entón, Lina xa non é a mesma e a tolemia axexa. Todo -os homes, as mulleres, a paisaxe, a cidade enteira de Nápoles- convértense en testemuñas do loito dunha nai que non sabe chorar e un bo día tamén desaparecerá, devolvendo ao lector ás primeiras páxinas desta espléndida saga.

Intelixencia, emoción contida, escritura que se prega aos acontecementos e axústase como unha luva á trama: todo está nestas páxinas onde se foi cosendo unha das obras máis brillantes do século XXI.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N FER niñ novidades vida cotiá



martes, 2 de febrero de 2016

A que libro pertencen estas imaxes??

Hoxe temos ganas de xogar... Saberiades unir o título do libro coa imaxe que aparece na súa portada? Veña, a ver quen acerta todas!

Aviso: Servizo de préstamo suspendido


Mañá, 3 de febreiro, a partir das 13:00 h. suspéndese o servizo de préstamo a domicilio de calquera tipo de documento.

Esta medida non afecta ás devolucións que poderán facerse con normalidade.

Lamentamos as molestias causadas.


lunes, 1 de febrero de 2016

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 2, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!