martes, 15 de noviembre de 2016

El problema de los tres cuerpos, de Cixin Liu

Este libro ofrece a posibilidade única de achegarse ao fenómeno editorial chinés que conquistou o mundo e gañou o premio Hugo 2015 á mellor novela, sendo a primeira vez que unha obra non escrita orixinariamente en inglés merece tal recoñecemento.

O seu autor, Cixin Liu, é o escritor de ciencia ficción máis relevante en China, capaz de vender máis dun millón de exemplares no seu país e convencer a prescriptores da talla de Barack Obama, quen seleccionou "El problema de los tres cuerpos" como unha das súas lecturas do Nadal de 2015, e Mark Zuckerberg, que o converteu na primeira novela do seu club de lectura. Agora o público e a crítica dos cinco continentes réndense a esta obra mestra, enormemente visionaria, sobre o papel da ciencia nas nosas sociedades, que nos axuda a comprender o pasado e o futuro de China, pero tamén, lida en clave xeopolítica, do mundo en que vivimos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CIX pro novidades ciencia ficción