martes, 29 de noviembre de 2016

Certame de Poesía Infantil "Nadal 2016"


Un ano máis convocamos o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2016".

Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C -- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O veredicto do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2017.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame. Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.