martes, 18 de octubre de 2016

Los herederos de la tierra, de Ildefonso Falcones

Barcelona, 1387. As campás da igrexa de Santa María da Mar seguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribeira, pero un deles escoita o seu repique con especial atención... Hugo Llor, fillo dun mariñeiro falecido, aos seus doce anos traballa nos estaleiros grazas á xenerosidade dun dos homes de prol máis apreciados da cidade: Arnau Estanyol.

Pero os seus soños xuvenís de converterse en construtor de barcos daranse de bruzos contra unha realidade dura e desapiadada cando a familia Puig, inimiga do seu mentor, aproveite a súa posición ante o novo rei para executar unha vinganza que levaba anos acariciando.

A partir dese momento, a vida de Hugo oscila entre a súa lealdade a Bernat, amigo e único fillo de Arnau, e a necesidade de sobrevivir nunha cidade inxusta cos pobres.

Obrigado a abandonar o barrio da Ribeira, busca traballo xunto a Mahir, un xudeu que lle ensina os segredos do mundo do viño. Con el, entre viñedos, cubas e alambiques, o raparigo descobre a paixón pola terra á vez que coñece a Dolça, a fermosa sobriña do xudeu, que se converterá no seu primeiro amor. Pero este sentimento, prohibido polos costumes e pola relixión, será o que lle proporcionará os momentos máis doces e amargos da súa mocidade.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FAL her novidades histórica