martes, 4 de octubre de 2016

Exposicións no mes de outubro


Este mes contaremos con tres exposicións do máis interesantes. En primeiro lugar, do 1 ao 15 de outubro poderédes desfrutar dos "Carteis das festas do San Froilán", unha recopilación dos carteis das nosas festas ao longo da súa historia procedentes do noso fondo bibliográfico. Hai auténticas xoias...




Do 19 ao 31 de outubro teremos a "Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)", unha  mostra que recolle dun xeito ameno e gráfico, a través de dez paneis informativos e distintos materiais que aportou a Fundación que leva o seu nome, a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais.





E para rematar e enmarcada dentro dos actos de celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro), a exposición "Os tesouros bibliográficos da Biblioteca Pública de Lugo", do día 24 ao 31. Unha selección de libros do fondo antigo da biblioteca na que destacan 3 incunables, 4 manuscritos e o “Claudii Ptolemaei Alexandrini Geographicae e Narratione", unha das cartografías do século XVI baseadas na concepción do mundo do sabio grecoegipcio Ptolomeo.