jueves, 15 de septiembre de 2016

XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo


Como ven sendo habitual dende hai uns anos a Biblioteca colabora coa XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, proxectando películas entre os días 20 e 23 de setembro.

A entrada será gratuita, e coma noutras ocasións o ciclo estará adicado á gastronomía no cine, co título "E para comer... Lugo"As proxeccións serán ás 20:00 h. no Salón de Actos.

Aquí vos deixamos a programación:

Martes 20 - 20:00 h.

 Creo que te quiero (Curta)
Deconstruyendo a Dani García



Mércores 21 - 20:00 h.

 Pollo a la mandarina (Curta)
Detrás de la puerta



Xoves 22 - 20:00 h.

 Dinar Familiar (Curta)
La cena está servida (Curta)
El marido era fumigador de campos (Curta)
Come (Curta)



Venres 23 - 20:00 h.

Una pastelería de Tokio