martes, 6 de septiembre de 2016

Oona y Salinger, de Fréderic Beigbeder

Nova York, 1940. J. D. Salinger é un mozo larguirucho de vinte e un anos. Escribe relatos e tenta que llos publiquen as revistas literarias do momento. Oona O'Neill ten quince anos e é filla do gran dramaturgo Eugene O'Neill. É tremendamente bela e relaciónase co máis selecto da sociedade neoiorquina. Oona e Salinger coñécense e saen durante un tempo. Pero ao cabo de dous anos, tras o bombardeo de Pearl Harbor, Salinger alístase no exército e sepáranse. El participa no desembarco de Normandía e ela casa en 1943 con Charles Chaplin, con quen permanecerá ata a morte del, en 1977, e terá oito fillos. Salinger escribe a Oona cartas que nunca saíron á luz.

Ata aquí os feitos coñecidos. Pero Frédéric Beigbeder, fascinado polos protagonistas deste relato interrompido, decide contarnos a historia enteira. Enche os ocos, recrea lugares e ambientes, fabula diálogos. Mesmo reescribe as cartas dos amantes e imaxina un último encontro fugaz, ao cabo de corenta anos, en Grand Central Station. Nun intelixente exercicio de historia ficción, ou de faction, como o chama el, consegue conmovernos coa historia de amor e desamor de dous personaxes que terminaron tendo o seu papel na historia do século XX.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N BEI con novidades biográfica