viernes, 30 de septiembre de 2016

Na sala de audiovisuais... El hijo de Saul

No ano 1944, durante o horror do campo de concentración de Auschwitz, un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saul, membro dos 'Sonderkommando' -encargados de queimar os cadáveres dos prisioneiros gaseados nada máis chegar ao campo e limpar as cámaras de gas-, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma como o seu fillo.


Premio Oscar a Mellor Película de Fala Non Inglesa
Gran Premio do Xurado e Premio FIPRESCI do Festival de Cannes
Globo de Oro a Mellor Película de Fala Non Inglesa


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA HIJ novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)