jueves, 22 de septiembre de 2016

Hoxe na XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar das curtas "Dinar Familiar", "La cena está servida", "El marido era fumigador de campos" e "Come", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

Ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.


Sinopse: Unha familia reúnese para celebrar que algúns dos fillos que traballan no estranxeiro volveron para pasar as vacacións en casa. O que non saben é que Alicia, a máis nova de todos, escóndelles un segredo que podería arruinar a comida familiar.

Ano: 2015
Duración: 18 minutos
Director/a: Alba Montoya
Reparto: Julia Esqueniche, Xavier Monzó, Manuel García Irles e Magdalena Martínez









Sinopse: Mentres prepara a cea, Gertrudis lembra o día que chegou a servir á casa dos marqueses, tan xovial e chea de vida. Os constantes desprezos e abusos transformárona no que nunca creu ser. Agora a súa vinganza está case lista.

Ano: 2015
Duración: 10 minutos
Director/a: Sebastián García.
Reparto: Ana Seguí Buenaventura y Celia Hoyos Téllez






Sinopse: Amábanse aínda cando deixaron de amarse... esa é a historia de Lena e o fumigador.

Ano: 2016
Duración: 20 minutos
Director/a: Ana María Ruiz
Reparto: Maite Sandoval, Eduardo Velasco, Maribel Chica e Juan Carlos Sánchez








Sinopse: Richard esperta aparvado nun comedor enfronte dunha estraña cea.

Ano: 2015
Duración: 3 minutos
Director/a: Uraitz Soubies Chico
Reparto: Waldo Facco y Francesca Guillen