miércoles, 21 de septiembre de 2016

Hoxe na XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar da curta "Pollo a la mandarina" e da película "Detrás de la puerta", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
Ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.

Sinopse: Tras un longo día de traballo unha parella atópase de novo en casa. Discuten sobre algunhas cuestións que afectan de forma sensible ás súas vidas antes de tomar unha decisión que non pode demorarse máis.

Ano: 2015
Duración: 9 minutos
Director/a: Julian Waisbord
Reparto: Ana Prats e Edu Soto






Sinopse: Sara vive soa co seu pai de 80 anos, un ex militar retirado. A moza, que traballa de cociñeira nun restaurante de mala morte, é maltratada psicoloxicamente polo pai ata que chega un inquilino e namórase dela.

Ano: 2015
Duración: 80 minutos
Director/a: Pere Solé Bahi y David Gimbernat Pérez.
Reparto: Mercé Pons, Carlos Lasarte y Hans Ritcher.