martes, 20 de septiembre de 2016

Hoxe na XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo...

Podedes desfrutar da curta "Creo que te quiero" e da película documental "Deconstruyendo a Dani García", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
Ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

A entrada é de balde.


Sinopse: Laura e Alfredo son parella, están a preparar a comida. Mentres Alfredo explica como lle foi o día, Laura dille "Coido que te quero..."

Ano: 2016
Duración: 10 minutos
Director/a: Lucia Corner
Reparto: Elena Furiase e Richard Sahagún





Sinopse: Dani García, un dos mellores cociñeiros de España, atópase nunha encrucillada na súa carreira. En xaneiro de 2014, queda sen restaurante. É un cociñeiro sen cociña. Están en xogo as estrelas e o seu prestixio. "Deconstruyendo a Dani García" é un longo documental no que vemos o proceso de reinvención, coas súas dificultades persoais e empresariais, dun cociñeiro con dúas estrelas Michelin. Tras pasar máis dun ano rodando o seu día a día, asistimos ao proceso de creación dun restaurante e un menú de alta cociña nun tempo récord.

Ano: 2015
Duración: 72 minutos
Director/a: Iñigo Ruiz y Alfonso Cortés




No hay comentarios: