miércoles, 14 de septiembre de 2016

El libro de las cosas nunca vistas, de Michel Faber

Cando este libro arrinca, o devoto pastor cristián Peter Leigh está a piques de soltar a man da súa muller, Bea (que o rescatou dunha existencia errática de drogas e alcohol), e embarcarse nun reto evanxelizador á altura do século XXI. O destino que lle agarda, Oasis, non está nesta Terra: para chegar ata el ten que subirse a unha nave e dar o Salto.

Un que lle leva a un lugar onde o aire síntese mesmo cando está quedo, onde todos os alimentos saen dunha soa raíz e onde o día e a noite non son como os que coñecemos. Un lugar que se reparten uns nativos bondadosos e henchidos de fe e uns colonizadores perfectamente adestrados que, no exercicio dos seus labores, aprenderon a deixar todo aquilo que os fai débiles humanos-  atrás.

Pouco a pouco, Peter aprende a comunicarse cos oasianos; lelles a Biblia (el Libro de las cosas nunca vistas) e constrúe unha igrexa con eles. E, a medida que descobre que a súa misión é máis sinxela do que prevía, os problemas empezan a xurdir de recunchos inesperados.

Sensible, adictiva e alérxica ás respostas fáciles; intrigante, magnética e multiforme, "El Libro de las cosas nunca vistas" aborda con sabedoría e compaixón algunhas que, por velas todos os días, quédannos ben preto, e así sentimos a súa lectura: como algo que nos incumbe e apélanos, dunha vibrante humanidade.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FAB lib novidades ciencia ficción





No hay comentarios: