martes, 20 de septiembre de 2016

Departamento de especulaciones, de Jenny Offill

Cando se coñeceron eran novos e estaban cheos de esperanza. Aínda que ambos vivían en Nova York, adoitaban enviarse cartas nas que imaxinaban como sería o seu futuro. O remitente era sempre o mesmo: "Departamento de especulacións". casaron, tiveron un fillo e sortearon como puideron os pequenos obstáculos da vida familiar.

Pero imperceptiblemente algo cambiou. Apareceron medos e dúbidas que poñen en cuestión todo canto teñen. Nun intento de atopar o punto no que se equivocaron de rumbo, a esposa bota a vista atrás para tratar de adiviñar que se perdeu e que pode salvarse aínda.


Cun estilo desposuído e exacto que destila rabia e enxeño, invocando, entre outros, a Keats, Kafka, Einstein ou aos cosmonautas rusos, Offill compón unha exquisita e potentísima historia de amor. Considerada pola crítica norteamericana como unha das novelas máis importantes dos últimos anos, "Departamento de especulaciones" é o retrato dun matrimonio, pero tamén unha indagación no misterio da condición humana. Unha novela que se devora dun sentada pero que permanece no lector moito tempo despois de terminala.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N OFF dep novidades vida cotiá