martes, 27 de septiembre de 2016

Cuando el diablo salió del baño, de Sophie Divry

A protagonista desta novela (calquera parecido coa autora é pura coincidencia) malvive en París cunha axuda para desempregados de longa duración. O aluguer do seu minúsculo apartamento déixalle apenas cen euros libres ao mes. En certo xeito é unha vítima das súas propias ilusións porque deixou un emprego máis ou menos razoable para dedicarse plenamente aos azares da literatura: agora debe compaxinar esas quimeras cos imperativos da supervivencia diaria.

A súa vida, como a de tantos outros, abísmase pouco a pouco nun inferno que a indómita narradora relátanos con humor cirúrxico e ollo clínico para o grotesco: a intres roza o sarcasmo, pero nunca exclúe a tenrura. Esa muller que non pacta co diaño, que non se rende fronte á adversidade, que non renuncia aos soños, é a máis lúcida observadora da súa contorna e de si mesma.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N DIV cua novidades humor