martes, 30 de agosto de 2016

La maldición de la reina Leonor, de José María Pérez "Peridis"

Corre o ano do Señor de 1184 e nunha Castela próspera e en paz reinan don Alfonso, o VIII do seu nome, e dona Leonor de Inglaterra. Sería o momento de gozar de todo o alcanzado se non fose porque a raíña non consegue alumar ao herdeiro home que dea continuidade á dinastía.

Tras dous partos desgraciados, Leonor, unha estranxeira na súa propia corte, convéncese de que a súa desgraza é o castigo divino polo amor adúltero que mantén o rei con Raquel, a fermosa xudía de Toledo. A raíña, tola de celos e ira, urde unha trama para librarse do seu rival? O que non sabe é que a vinganza sempre deixa vítimas inesperadas.

Así comeza unha historia que abarca os trinta anos máis importantes da nosa Idade Media, nos que os lazos coas cortes europeas eran máis fortes do que nos contaron, as rivalidades entre os reinos cristiáns máis enconadas do imaxinable e nos que, tras séculos de loita contra os musulmáns, aínda estaba todo por decidir na Reconquista. Peridis, que con "Esperando al rey" seduciu a decenas de miles de lectores, demostra que é un narrador extraordinario, cunha capacidade pouco común de dotar de alma e vida aos personaxes, tan fascinantes como descoñecidos, da crónica histórica.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER mal novidades histórica





No hay comentarios: