lunes, 8 de agosto de 2016

Donde los escorpiones, de Lorenzo Silva

Madrid, xullo de 2014. Pasados os cincuenta, e xa con máis pasado que futuro, o subtenente Bevilacqua, veterano investigador de homicidios da unidade central da Garda Civil, recibe unha chamada do responsable de operacións internacionais. Reclámase a súa presenza inmediata a 6.000 quilómetros de alí, na base española de Herat, en Afganistán.

Un militar español destinado na base apareceu degolado, e, xunto a el, a arma do delito: unha fouce plegable das usadas polos afgáns para cortar a mapoula da que se extrae a droga que representa a principal fonte de riqueza do país.


Trátase do atentado dun talibán infiltrado? Podería ser, pero tamén que a morte tivese outra orixe, porque o ataque non reviste a forma clásica desa clase de accións, senón que fai pensar nalgún motivo persoal.


A misión de Bevilacqua e os seus non é outra que tratar de desenmascarar a un asasino que forzosamente ha de ser un habitante dese espazo pechado. As súas pescudas, baixo o tórrido e polvoriento verán afgán, levaranlles a coñecer a peculiares personaxes e a introducirse na biografía do morto, un veterano de misións bélicas no exterior que garda máis dun cadáver no armario, para chegar a un desenlace inesperado e desconcertante.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SIL don novidades intriga e misterio





No hay comentarios: