viernes, 3 de junio de 2016

Na sala de audiovisuais... Techo y comida

Rocío é unha nova nai solteira e sen traballo que non recibe ningún tipo de axuda nin subsidio polo que non pode facer fronte aos pagos do aluguer do piso no que vive. Entre a vergoña e o temor de perder a tutela do seu fillo Adrián, de 8 anos, Rocío sofre en soidade unha situación de precariedade que empeora cada día.

A denuncia do propietario, afogado tamén polas débedas, precipitará a ameaza da orde de desafiuzamento. Unha historia conmovedora, tenra e dura ao mesmo tempo, tan necesaria como incómoda que pon ao descuberto as vergoñas dun sistema que abandona ás persoas. E a ti quen che rescata?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL TEC novedades


Desfruta do trailer


(fuente: LaButaca)