martes, 28 de junio de 2016

El Libro de los Baltimore, de Jöel Dicker

«Se atopades este libro, por favor, lédeo. Querería que alguén soubese a historia dos Goldman-de-Baltimore.»

Ata que tivo lugar o Drama existían dúas ramas da familia Goldman: os Goldman de Baltimore e os Goldman de Montclair. Os Montclair, dos que forma parte Marcus Goldman, autor de "A verdade sobre o caso Harry Quebert", é unha familia de clase media que vive nunha pequena casa no estado de Nova Jersey. Os Baltimore, prósperos e aos que a sorte sempre sorriu, habitan unha luxosa mansión nun barrio da alta sociedade de Baltimore.

Oito anos despois do Drama, Marcus Goldman pon o pasado baixo a lupa en busca da verdade sobre o ocaso da familia. Entre os recordos da súa mocidade revive a fascinación que sentiu desde neno polos Baltimore, que encarnaban a América patricia coas súas vacacións en Miami e nos Hamptons e os seus colexios elitistas. Co paso dos anos a brillante pátina dos Baltimore desvanécese á vez que o Drama vaise perfilando. Ata o día no que todo cambia para sempre.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N DIC lib novidades intriga e misterio