jueves, 2 de junio de 2016

Camille, de Pierre Lemaitre

"Un acontecemento considérase decisivo cando desbarata as nosas vidas por completo. Por exemplo, tres disparos dunha escopeta de repetición sobre a muller que un ama."

Anne Forestier queda atrapada no medio dun atraco a unha xoiería nos Campos Elíseos. Tras recibir unha malleira que a deixa ao borde da morte, ten a sorte de sobrevivir... e a condena de ver a cara do asaltante. A súa vida corre un grave perigo, pero Anne conta coa axuda do home ao que ama: o comandante Camille Verhoeven. Este estará disposto a actuar á marxe da lei con tal de protexela. Pero quen é ese inimigo, e por que ese empeño tan feroz en acabar con Anne?

A atmosfera e a escritura arrepiantes deste final da tetralogía confirman unha vez máis o incrible talento de Pierre Lemaitre.




Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N LEM cam novidades intriga e misterio





No hay comentarios: