viernes, 1 de abril de 2016

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, mañá sábado 2 de abril na Sala infantil da biblioteca leremos a mensaxe de Luciana Sandroni: “Érase una vez...”.

Ademáis estamos adheridos ao concurso de debuxo "Adopta un animal de conto" organizado pola OEPLI e Gálix. As bases e toda a información aquí

E no vestíbulo contaremos cun centro de interese cunha selección de libros recomendados pola OEPLI.