miércoles, 27 de abril de 2016

Cinco esquinas, de Mario Vargas Llosa

"El pensara que, despois de todo, un xornalista pode ser ás veces útil. -E tamén perigoso-, concluíu. Tivo o presentimento de que nada bo sairía desta visita."

«A idea desta novela comezou cunha imaxe de dúas señoras amigas que de súpeto unha noite, dunha maneira impensada para ambas, viven unha situación erótica. Logo foise convertendo nunha historia policial, case un thriller, e o thriller foise transformando nunha especie de mural da sociedade peruana nos últimos meses ou semanas da ditadura de Fujimori e Montesinos. Gustoume a idea de que a historia se chamase Cinco esquinas como un barrio que, dalgunha maneira, é emblemático de Lima, de Perú e tamén da época na que está situada a historia.»

«Se hai un tema que permea, que impregna toda a historia, é o xornalismo, o xornalismo amarelo. A ditadura de Fujimori utilizou o xornalismo amarelo, o xornalismo de escándalo, como unha arma política para desprestixiar e aniquilar moralmente a todos os seus adversarios. Ao mesmo tempo, tamén está a outra cara, como o xornalismo, que pode ser algo vil e sucio, pode converterse de súpeto nun instrumento de liberación, de defensa moral e cívica dunha sociedade. Esas dúas caras do xornalismo son un dos temas centrais de Cinco esquinas.» Mario Vargas Llosa



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N VAR cin novidades social e político