martes, 19 de abril de 2016

Alma, de Carlos Sisí

Dous enxeñeiros que desenvolven un sistema de recoñecemento de voz capaz de detectar sons doutra realidade.

Unha investigadora do paranormal que pode ver e oír cousas que non percibe a xente corrente e un xornalista interesado nos seus traballos e avances.

Un autor que consegue un éxito mundial co seu libro "A porta", que fala de experiencias coa táboa ouija.

E detrás de "A porta", seres doutro plano que anhelan devorar as almas dos humanos.

"Alma" descríbenos un mundo sen un Máis aló. Todo está aquí, rodeándonos.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SIS alm novidades terror