martes, 8 de marzo de 2016

No me dejes (Ne me quitte pas), de Máxim Huerta

"Ao señor Dominique Brulé gústalle chegar de noite á súa florería. Sempre pecha os ollos antes de acender as luces e dálles un tempo ás súas plantas para que se coloquen porque imaxina que estiveron toda a noite mesturándose unhas con outras. Nunca as pilla en movemento, un día sucederá. Cando inaugurou a tenda pensou encerrarse e deixarse morrer, pero ao ver que as tímidas semprevivas sobrevivían sen auga despois de semanas sen atención algunha, deuse conta de que el tamén podería vivir sen o seu amor".

L'Étoile Manquante, a florería do señor Dominique, é o lugar preferido de Mercedes e Tache, dúas españolas que levan máis de corenta anos traballando en Francia. As dúas cren que están soas, porque a Mercedes abandonouna o seu marido nada máis cruzar a fronteira e Tache non foi capaz de atopar a quen a quixese. Un bo día, instálase nas súas vidas un furacán encarnado na moza Violeta, que chega de Madrid fuxindo dun amor que se empeña en perseguila.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N HUE nom novidades vida cotiá




No hay comentarios: