viernes, 18 de marzo de 2016

Na sala de audiovisuais... Un día perfecto

Nunha zona en guerra, na que os cascos das Nacións Unidas tratan de controlar a situación, varios personaxes viven os seus propios conflitos; Sophie (Mélanie Thierry) quere axudar á xente, Mambrú (Benicio del Toro) quere volver a casa, e Katya (Olga Kurylenko) quixo unha vez a Mambrú. Pola súa banda Damir (Fedja Stukan) quere que a guerra termine, Nikola (Eldar Residovic) quere un balón de fútbol, e B (Tim Robbins) non sabe o que quere.

Un grupo de cooperantes trata de sacar un cadáver dun pozo nunha zona de conflito. Alguén o tirou dentro para corromper a auga e deixar sen abastecemento ás poboacións próximas. Pero a tarefa máis simple convértese aquí nunha misión imposible, na que o verdadeiro inimigo quizá sexa a irracionalidad. Os cooperantes percorren a delirante paisaxe bélica tratando de resolver a situación, como cobaias nun labirinto.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL DIA novedades


Desfruta do trailer


(fuente: Filmaffinity)