viernes, 4 de marzo de 2016

Na sala de audiovisuais... El amor es extraño

A historia céntrase nos papeis desempeñados por George e Ben, que toman a decisión de contraer matrimonio despois de permanecer unidos ao longo de case catro décadas. Pero os seus plans veranse moi trastornados chegado o momento no que os dirixentes do instituto no que dá clases o primeiro deles decátense da celebración da voda, algo que vai en contra dos seus principios ideolóxicos e que provocará de inmediato a súa suspensión de emprego e soldo.

Este contratempo fai que a parella crea conveniente marcharse a outro lugar máis alcanzable para as súas posibilidades económicas, o que provoca a súa separación temporal. Ben desprázase ata Brooklyn para compartir piso co seu sobriño Eliot e o resto dos seus seres queridos, mentres que George comeza unha nova aventura no que á convivencia refírese xunto cun par de detectives. Os dous protagonistas veranse na necesidade de aprender a lidar cos numerosos reveses e obstáculos que lles poñerá a vida día tras día, unha cuestión que se antollará fundamental para poder reencontrarse.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: ROMÁNTICO AMO


(fuente: Sensacine)