jueves, 17 de marzo de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos teatro de papel con Juan Juste "El Kamishibai de Juste". 

Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel” sen embargo, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinanzas. O kamishibai, orixinouse nos templos budistas de Xapón, onde os monxes, utilizaban os "emakis"; que en realidade eran uns pergameos no que combinaban escritos con imaxes, para compartir mensaxes con ensinanzas aos mais novos

Os contos narrados neste Kamishibai, lévannos a unha viaxe a través de lendas e mitos de distintos lugares do planeta.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos. 

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (35 prazas)

Mañá, venres 18 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


No hay comentarios: