jueves, 3 de marzo de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos o bebeconto "Os mundos de Porquiño" con Ana Carreira. 

Porquiño acaba de nacer. Aínda que ao principio só lle interesa comer e durmir, pouco a pouco vai descubrindo o mundo que o rodea. Pero como é despistado ás veces pérdese e coñece outros lugares.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos. 

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 4 ás 18:00 h. na Ludoteca.