martes, 15 de marzo de 2016

Los veraneantes, de Emma Straub

Para os Post, a viaxe de dúas semanas a Mallorca coa súa familia e amigos é unha celebración: Franny e Jim cumpren trinta e cinco anos de casados e a súa filla, Sylvia, graduouse no instituto. A asollada illa, coas súas praias e montañas, as súas tapas e as súas pistas de tenis, promete tamén unha tregua das tensións propias de Manhattan.

Con todo, non todo resulta segundo o planeado: durante as vacacións saen á luz algúns segredos, experiméntanse novas e antigas humillacións, rexorden rivalidades da infancia e reábrense vellas feridas.

Emma Straub, con empatía e humor, fálanos do que decidimos mostrar e o que tentamos ocultar de nós mesmos, do modo en que nos esnaquizamos uns a outros e volvemos reconstruírnos, e dos lazos que en última instancia únennos.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N STR ver novidades vida cotiá


2 comentarios:

Cristina dijo...

Hola,
Lo leí no hace mucho, precisamente cogido en préstamo de la biblioteca y me gustó.
Os dejo la reseña:
http://ifihadabook.blogspot.com.es/2016/02/los-veraneantes-de-emma-straub.html
Besos =)

Biblioteca Pública de Lugo dijo...

Xenial, como nos gusta que desfrutedes dos nosos libros ;)