martes, 22 de marzo de 2016

La reina de las nieves, de Michael Cunningham

Tras a súa enésima ruptura sentimental, mentres pasea abatido por Central Park nunha noite xeada, Barrett albisca unha luz sobrenatural que flota no aire. Nese mesmo momento, o seu irmán Tyler tenta escribir unha canción de amor para a súa noiva enferma cando faltan poucos días para a voda. Liz e o seu amante Andrew tamén contemplan os copos de neve que cobren a cidade, preguntándose unha vez máis polo sentido das caricias cansas que se dedican. Todo parece inmóbil, suspendido entre un quizá e un oxalá, pero esa luz...

Do mesmo xeito que en "Las horas", Cunningham sorprende aos seus personaxes en momentos decisivos das súas vidas, instantes en que o pracer, o desexo e a rabia rózanse e doen. Nós, os lectores, acompañámolo nesta aventura onde finalmente a vida respira e deixa un oco para a felicidade.

"La reina de las nieves", unha historia cómica e tráxica á vez, demostra unha vez máis o talento de Cunningham, un dos grandes novelistas da súa xeración.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CUN rei novidades vida cotiá